Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

OBRAS

Noia avanza cara un modelo urbano máis accesible

Mellora os accesos a Obre e o firme dos Xardíns Felipe de Castro

Xardíns Felipe de Núñez, en Noia.

Xardíns Felipe de Núñez, en Noia. / Cedida

Noia

O Concello de Noia vén de licitar a mellora dos accesos á senda litoral de Obre e o acondicionamento do firme dos Xardíns Felipe de Castro, dúas obras financiadas con fondos europeos Next Generation EU e cun investimento que supera os 187.000 euros.

As actuacións teñen como obxectivo avanzar na mellora da mobilidade peonil e da integración do patrimonio natural e histórico no núcleo urbano.

As melloras en Obre buscan crear unha transición amable entre a trama urbana e a contorna natural protexida, empregando pavimentos de adoquín de pedra granítica en zonas de solo urbano, e acometendo a renovación dos firmes deteriorados.

Pola súa banda, o acondicionamento do firme dos Xardíns Felipe de Castro incluirá a eliminación de obstáculos que dificultan a mobilidade e tamén a posta a punto do mobiliario urbano existente.

O alcalde, Francisco Pérez, subliñou que «son actuacións que reforzan a nosa aposta por unha Noia máis accesible, máis amable e con maior valoración do seu patrimonio».

Pola súa banda, o tenente de alcalde Manuel Seijas destacou que este goberno está «impulsando con axilidade os contratos que levaban tempo parados e estas obras son un exemplo de que Noia volve avanzar».

TEMAS

Tracking Pixel Contents