SERVIZOS
Noia reduce custos cun novo contrato da iluminación festiva
Adicará 55.000 € anuais para iluminar o Nadal, San Marcos e San Bartolomé

Instalación do alumeado de Nadal en Noia. / Cedida
O Concello de Noia vén de adxudicar á empresa Iluminaciones Santiaguesa o servizo de iluminación ornamental durante as celebracións de Nadal, San Marcos e San Bartolomeu. O contrato, cun importe anual de 55.000 euros, ten unha duración de dous anos.
Un contrato que "garante estabilidade ao servizo e pon fin a unha década de contratacións irregulares", afirma o concelleiro de Facenda, Manolo Seijas. Subliñou que esta adxudicación cumpre o obxectivo do actual goberno local de "poñer orde e legalidade na contratación municipal", lembrando que o Tribunal de Contas emitiu varios requirimentos polo abuso do contrato menor no pasado, ademais dunha investigación en marcha por parte da Fiscalía.
Segundo Seijas, o novo contrato permitirá "reducir o custo económico do servizo ao mesmo tempo que se amplían as zonas iluminadas da vila", posibilitando unha planificación anticipada das campañas e un maior impacto na dinamización comercial e turística durante os principais eventos festivos.
Con esta medida, "o Concello de Noia reafirma o seu compromiso cunha xestión eficiente, transparente e orientada a mellorar os servizos públicos e a imaxe da vila", conclúe.
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Un testigo asegura que la menor atropellada frente a la Intermodal cruzó en rojo
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco
- La Xunta acuerda la construcción de 218 viviendas de promoción en Ames
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Vientos huracanados de más de 150 km/h azotan Galicia durante la madrugada: Santiago reabre sus parques
- Prisión para el acusado de huir tras provocar un accidente mortal por un pique en Santiago