SERVIZOS
Ribeira traspasa ao Sergas a Unidade de Condutas Aditivas
Atendeu máis de 3.000 persoas da comarca de Barbanza

A Corporación acordou, por unanimidade, o traspaso do servizo. / C. Ribeira
A Corporación de Ribeira acordou, por unanimidade, o traspaso dos servizos e medios persoais e materiais da Unidade de Condutas Aditivas (UCA) ao Sergas, a cal atendeu máis de 3.000 persoas da comarca de Barbanza desde a súa posta en funcionamento.
A alcaldesa, María Sampedro, destacou a "satisfacción e orgullo" sobre este servizo e subliñou que grazas á "súa implicación e profesionalidade, acabou converténdose nunha familia".
En canto ao persoal, a transferencia atinxe a 12 traballadores. A rexedora indicou que facilitou á Consellería de Sanidade o convenio entre o Concello de Ribeira e Renacer con relación á asesora xurídica que presta servizo, así como a existencia do posto de auxiliar administrativo, cuxo titular manifestou querer formar parte do cadro de persoal municipal.
A decisión tamén redunda nos contratos subscritos: alarma, telefonía, electricidade, limpeza, ascensor e fotocopiadora. En consecuencia, tamén se acordou desistir da solicitude de adscrición a favor do Concello de Ribeira do inmoble polo prazo de 30 anos realizada no seu día á Dirección Provincial da Coruña da Tesourería Xeral da Seguridade Social por mor do traspaso ao Sergas con efectos a partir do 1 de xaneiro de 2026.
Nas últimas semanas tiveron lugar varios encontros de traballo coa finalidade de que, de maneira progresiva, se consolide a absorción da UCA por parte da Administración autonómica sen interferir na atención ás persoas usuarias e no desenvolvemento das tarefas do persoal.
O BNG considera que se trata "dun paso lóxico, xusto e necesario, reclamado durante moitos anos polos profesionais, polos concellos e pola Federación Galega de Municipios e Provincia (FEGAMP)”. O portavoz nacionalista, Luís Pérez Barral, lembrou que o custo anual dunha unidade como a de Ribeira achégase aos 600.000 euros para prestar un servizo que é comarcal e sanitario, non é propio dunha administración local, e que a súa integración no sistema público "é unha cuestión de responsabilidade e de sentido común".
"O traspaso é unha boa noticia que no BNG sempre defendemos. Celebrámolo, pero non esquecemos nin o atraso acumulado nin as renuncias do PP. Agora toca pasar das palabras aos feitos", concluíu o portavoz nacionalista.
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Tres alcaldes del área de Santiago, entre los diez mejor pagados de Galicia
- El presidente del Ateneo de Santiago: «La sala Yago puede ser ese recinto de actos con más aforo que necesitamos»
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Rosalía cuenta en la televisión brasileña cómo se cortó el pelo en A Coruña: 'Cometí un error
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- La fábrica de IA de Santiago es la tercera mejor valorada de las 19 concedidas en Europa