SERVIZOS
Boiro incorpora un vehículo eléctrico para recoller os residuos orgánicos
O Concello comezou a implantación do quinto contedor

O alcalde, José Ramón Romero, recepcionando o novo vehículo. / Cedida
O Concello de Boiro vén de adquirir un vehículo 100% eléctrico para a recollida de residuos orgánicos. Trátase dun vehículo adaptado á estrutura urbana das rúas e puntos de recollida do municipio. Xunto coa adquisición deste vehículo, levouse a cabo unha campaña de concienciación sobre a implantación do quinto contedor.
As dúas accións leváronse a cabo mediante o financiamento da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a través das axudas encamiñadas a actuacións en materia de residuos de competencia municipal, confinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGeneration EU.
O Concello de Boiro está a traballar na implantación do contedor marrón con diversas accións. No mes de outubro levou a cabo unha campaña informativa e de concienciación e en novembro instaláronse os primeiros contedores marróns para os grandes produtores.
«Deste xeito o que se busca é que a implantación do contedor de residuos orgánicos sexa progresiva, e concienciar á veciñanza sobre boas prácticas de reciclaxe», subliñan dende o goberno local.
- Santiago tendrá vuelo directo a Cork: Aer Lingus operará dos frecuencias semanales a partir del año que viene
- Una familiar del desaparecido viaja a Muxía con llaves del coche para inspeccionarlo
- Fallece Francisco Barreiro, el doctor que impulsó la Cirugía Mayor Ambulatoria en el CHUS
- Segundo día de huelga de buses en Santiago: los piquetes permiten salir a los urbanos que llegan al Hospital Clínico y al de Conxo
- Dos septuagenarios pierden la vida al impactar un coche contra un camión en Arzúa
- El aeropuerto de Santiago agudiza su crisis tras la salida de Ryanair: 2.600 viajeros menos al día
- Nueva jornada de huelga de los autobuses urbanos de Santiago: consulta los servicios mínimos
- La brutal paliza al camarero del pub Bloom de Santiago salta a la escena nacional