Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

PATRIMONIO

O Museo do Mar de Noia reabre o venres

O Concello avoga por recuperar un espazo de divulgación e memoria

Chelo Martínez, Félix González, centro, e Manuel Seijas co cartel de reapertura.

Chelo Martínez, Félix González, centro, e Manuel Seijas co cartel de reapertura. / Cedida

Noia

O Concello de Noia anuncia a reapertura do Museo do Mar o venres 5 de abril ás 19.00 horas, froito do traballo conxunto coa Asociación Mar de Noia.

Así o anunciaron o tenente de alcalde Manolo Seijas, a concelleira de Cultura Chelo Martínez e o presidente da Asociación Mar de Noia, Félix González.

Seijas explicou que "cando entramos no goberno, o museo estaba totalmente abandonado: os aparatos electrónicos non funcionaban. Pouco a pouco imos poñendo orde e recuperando espazos culturais para a veciñanza".

Pola súa banda, Chelo Martínez anunciou que o Museo do Mar reabrirá inicialmente os días 11, 12 e 13 de decembro, e que posteriormente se desenvolverá unha programación especial de Nadal, con apertura practicamente todas as mañás.

A partir de xaneiro, o centro museístico abrirá dous días á semana, e porase en marcha unha canle na páxina web do Concello para solicitar visitas de grupos.

Desde o Concello de Noia e a Asociación Mar de Noia destacan a importancia de "recuperar un espazo de divulgación e memoria ligado ao mar, elemento esencial da identidade e historia do municipio".

TEMAS

Tracking Pixel Contents