INFRAESTRUTURAS
Ribeira completa a adquisición de parcelas para o parque industrial
A alcaldesa di que agora buscarán as vías de financiación

Novo aparcamento habilitado no polígono ribeirense. / Cedida
O Concello de Ribeira culminou o proceso de compra das parcelas pendentes para poder construír o polígono industrial. Este último proceso de compra atinxiu a dúas fincas situadas no termo municipal da Pobra do Caramiñal afectadas polo futuro parque empresarial ribeirense, por un importe de 39.754,13 euros.
A alcaldesa, María Sampedro, destacou que «cumprimos co noso compromiso de que os terreos quedasen comprados no mes de novembro. Isto supón un paso máis cara a materialización do futuro polígono industrial que posibilitará que medre o noso tecido empresarial e, en consecuencia, a economía local. Cremos que é unha boa nova para o conxunto da cidadanía e chegamos a este punto mediante un acordo cos propietarios das parcelas».
En pouco máis dun mes e medio de funcionamento deste novo goberno municipal, engadiu, «conseguimos resolver unha situación pendente durante máis de dous anos».
O proxecto da ampliación do chan industrial eríxese «como unha das nosas prioridades, pois consideramos que é preciso acelerar o proceso para que pase do papel á realidade. Agora poñeremos todo o noso empeño para buscar vías de financiación que permitan executar esta ansiada aspiración», remarcou a rexedora
- Natalia Dicenta, de vuelta en Santiago: «Tuvimos casa en Galicia y para Lola y para mí, esta tierra es muy querida»
- El aeropuerto de Santiago agudiza su crisis tras la salida de Ryanair: 2.600 viajeros menos al día
- El vecino de Madrid desaparecido en Muxía dejó una nota de despedida en su coche
- La Sala Malatesta vuelve a cerrar y anuncia que luchará en los tribunales
- Una familiar del desaparecido viaja a Muxía con llaves del coche para inspeccionarlo
- La brutal paliza al camarero del pub Bloom de Santiago salta a la escena nacional
- El mayor mercado de moda vintage aterriza en Santiago: miles de prendas de ropa de marca a tan solo 9 euros
- Santiago tendrá vuelo directo a Cork: Aer Lingus operará dos frecuencias semanales a partir del año que viene