Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

TURISMO

Barbanza-Arousa recibiu este ano máis de medio millón de turistas

O destino suma 69 establecementos turísticos co selo SICTED

Representantes institucionais e da mancomunidade na gala de Rianxo.

Representantes institucionais e da mancomunidade na gala de Rianxo. / Cedida

Máis de medio millón de turistas e case 1,4 millóns de noites en aloxamentos é o balance do que vai de ano no destino Barbanza-Arousa, segundo salientou o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, no decurso da terceira gala de turismo celebrada onte en Rianxo. Un encontro organizado pola Mancomunidade Barbanza - Arousa, no que se fixo entrega a 69 establecementos da zona da distinción do Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos (SICTED).

Merelles lembrou ademais que neste xeodestino se está a executar o Plan de Sostibilidade en Destino (PSTD) Viaxe a través da historia dos sabores, que conta cun investimento de 1,5 M€.

Responsables de varios establecementos que acadaron o distintivo SICTED con Xosé Regueira.

Responsables de varios establecementos que acadaron o distintivo SICTED con Xosé Regueira. / Cedida

Agradeceu a implicación e o traballo da Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa na proxección e desenvolvemento da actividade turística da zona.

O acto reuniu tamén ao delegado do Goberno, Pedro Blanco; o subdelegado, Julio Abalde; o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; o presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal; alcaldes e alcaldesas, concelleiros e profesionais do sector turístico, entre outros.

Pedro Blanco felicitou aos concellos e profesionais «polo magnífico traballo» e cualificou a Barbanza Arousa como «un destino moderno, sostible e con alma». Lembrou que o Goberno inviste 228 M€ a través do Plan de Sustentabilidade Turística.

Xosé Regueira salientou o compromiso e a profesionalización do tecido empresarial e recoñeceu «o esforzo diario dun sector que contribúe ao benestar da poboación local e á dinamización económica do territorio».

Calidade e innovación

Subliñou que o tecido empresarial de Barbanza Arousa «é un exemplo de profesionalización, calidade, innovación e responsabilidade», elementos que, ao seu xuízo, explican os distintivos SICTED entregados onte.

Regueira destacou tamén a extratexia turística impulsada pola Mancomunidade Barbanza Aroua, «centrada na autenticidade, na desestacionalización, na sustentabilidade e na cooperación público-privada».

Loou tamén o papel do proxecto Barbanza Arousa. Viaxe a través dos sabores, financiado con fondos Next Generation, como exemplo da posta en valor da riqueza produtiva, histórica e gastronómica do territorio.

Gastronomía e viños

O presidente da Mancomunidade e alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, destacou non só a calidade do destino, «senón tamén a profesionalidade do sector turístico na atención aos visitantes». O acto que, contou con varias actuacións, rematou cunha degustación de produtos da zona e viños da IXP Terras de Barbanza e Iria.

TEMAS

Tracking Pixel Contents