Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Concello de Noia incorpora unha nova psicóloga á Unidade de Prevención da Drogodependencia

A Corporación aprobará a transferencia deste servizo ao Sergas

Profesionais da Unidade de Prevención da Drogodependencia de Noia.

Profesionais da Unidade de Prevención da Drogodependencia de Noia. / Cedida

Noia

O Concello de Noia vén de reforzar a Unidade de Prevención da Drogodependencia (UPAD) coa incorporación dunha nova psicóloga, dando resposta a unha demanda histórica e culminando o proceso de contratación iniciado nos últimos anos.

Ao mesmo tempo, está previsto que na próxima sesión plenaria extraordinaria se aprobe de maneira definitiva a transferencia da UPAD ao Servizo Galego de Saúde (Sergas), tal e como xa acontece con outras unidades de drogodependencia existentes no resto de Galicia.

A concelleira de Servizos Sociais, Sandra González, destacou a importancia deste paso sinalando que “era unha reivindicación constante que o Sergas asumise esta competencia sanitaria, polo que celebramos que a Xunta de Galicia dea resposta a esta necesidade e garanta a continuidade do servizo no noso municipio”.

González explicou tamén que o proceso administrativo se prolongou debido ás peculiaridades técnicas e organizativas da UPAD de Noia, pero confía en que unha vez formalizada a transferencia se poidan abordar estes aspectos nunha comisión específica.

"Agardamos que se poñan sobre a mesa solucións en materia técnica e de recursos humanos, asegurando que os profesionais se incorporen coas mesmas condicións laborais que teñen na actualidade”, sinalou.

Coa chegada da nova psicóloga e a integración da unidade no sistema sanitario público galego, o Concello de Noia reafirma o seu compromiso coa prevención e o tratamento das adiccións e coa mellora dos servizos que se prestan á cidadanía.

Tracking Pixel Contents