Ribeira acollerá un festival a beneficio da Fundación Andrea presentado en inglés por nenos e nenas
A cita, organizada pola academia Kids&Us, terá lugar o sábado 6 no antigo auditorio

Vicente Mariño, flanqueado por Lorena Romero e Verónica Hermo. / Cedida
A academia de inglés Kids&Us organiza un festival solidario a favor da Fundación Andrea, coa colaboración do Concello de Ribeira, que terá lugar o sábado 6 de decembro, ás 17.00 horas, no antigo auditorio municipal.
A rapazada será a protagonista nunha gala presentada por eles mesmos integramente en inglés, onde haberá cancións, teatro e baile.
Contará coa participación dunha trintena de nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos.
Durante a presentación, o concelleiro de Servizos Socias, Vicente Mariño, fixo fincapé na importancia deste tipo de iniciativas "que buscan a implicación da sociedade a favor dunha causa, alentando
así o espírito colaborador propio destas datas".
"Trátase dun festival feito por nenos e para nenos. A rapazada da academia de inglés presentará este espectáculo co que se busca recadar fondos para a Fundación Andrea de apoio a nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais", dixo.
Pola súa parte, Lorena Romero, directora de Kids&Us, acompañada de Verónica Hermo, coordinadora pedagóxica, explicou que non é o primeiro ano que colaboran coa Fundación Andrea, se ben si o fan baixo o formato de festival. Deste xeito, a cidadanía amosará a súa solidariedade e o alumnado terá tamén ocasión de practicar o seu nivel de inglés.
As entradas poden adquirirse a un prezo de 5 euros no propio local de Kids&Us, situado na rúa Xohana Torres, ata o venres 5, de decembro, en horario de 10.00 a 13.30 e de 16.00 a 20.30 horas.
Todo o recadado irá destinado á Fundación Andrea. Ademais, no transcurso da gala rifaranse agasallos doados por empresas da contorna.
- Santiago tendrá vuelo directo a Cork: Aer Lingus operará dos frecuencias semanales a partir del año que viene
- Una familiar del desaparecido viaja a Muxía con llaves del coche para inspeccionarlo
- Fallece Francisco Barreiro, el doctor que impulsó la Cirugía Mayor Ambulatoria en el CHUS
- Segundo día de huelga de buses en Santiago: los piquetes permiten salir a los urbanos que llegan al Hospital Clínico y al de Conxo
- Dos septuagenarios pierden la vida al impactar un coche contra un camión en Arzúa
- El aeropuerto de Santiago agudiza su crisis tras la salida de Ryanair: 2.600 viajeros menos al día
- Nueva jornada de huelga de los autobuses urbanos de Santiago: consulta los servicios mínimos
- La brutal paliza al camarero del pub Bloom de Santiago salta a la escena nacional