Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Xunta e Concello de Porto do Son proxectan importantes melloras no centro médico de Portosín

Renovarán a cuberta e reforzarán a estrutura do inmoble cunha cámara de aire para eliminar as humidades

Antonio Gómez, esquerda, e Luís Oujo, este xoves.

Antonio Gómez, esquerda, e Luís Oujo, este xoves. / Cedida

Porto do Son

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, mantivo este xoves unha xuntanza co alcalde de Porto do Son, Luís Oujo, para abordar a mellora das infraestruturas sanitarias do municipio, entre elas, importantes reformas no consultorio de Portosín, que presenta un importante problema de humidades.

O Concello encargará o anteproxecto e as actuacións financiaranse a medias entre ambas as administracións. Está previsto renovar a cuberta e reforzar a estrutura do inmoble para dotalo de cámara de aire en todo o seu perímetro.

O encontro tamén serviu para avanzar no proxecto do futuro novo centro de saúdeque se construirá no municipio. A ese respecto, o alcalde informou que en vindeiras datas o Concello remitirá a documentación municipal relativa á parcela de cara á súa cesión ao Servizo Galego de Saúde. Unha vez cumprimentado ese trámite poderá licitarse a redacción do proxecto construtivo do novo dispensario.

O futuro inmoble contará con 5 consultas de médico de familia, 4 de enfermería, 1 de farmacia, 1 de odontoloxía, 1 sala de respiratorios, 1 consulta de urxencias, 2 consultas polivalentes, despacho de traballador social e 1 sala de toma de mostras. Así mesmo, disporá dunha área da muller, área pediátrica e área de rehabilitación.

Tracking Pixel Contents