O Concello da Pobra retira sedimentos do río Lérez na zona da Crocha para previr desbordamentos
A intervención consiste na eliminación de area, terra e vexetación acumulada nunha das marxes

Traballos de limpeza do cauce do río Lérez ao seu paso pola Crocha, na Pobra. / Cedida
O Concello da Pobra acaba de iniciar a retirada de sedimentos acumulados no río Lérez ao seu paso pola Crocha, unha actuación demandada pola veciñanza e coa que se busca reducir o risco de desbordamentos durante os meses de maior intensidade de chuvias.
O alcalde, José Carlos Vidal, e a concelleira de Obras, Patricia Lojo, achegáronse onte á zona de actuación para supervisar o inicio destes labores.
A intervención consiste na eliminación de area, terra e vexetación acumulada nunha das marxes do río, elementos que, co paso do tempo, foron dificultando o fluxo natural da auga neste tramo urbano.
Para levar a cabo estes traballos, o Concello tivo que solicitar a autorización de Augas de Galicia. En paralelo á actuación no Lérez, o Concello aproveitou para acometer labores de limpeza no lavadoiro situado na mesma contorna.
Segundo destaca o rexedor, a esta actuación seguiranlle outras para "garantir a boa saúde dos ríos, poñendo especial énfase en tarefas preventivas como esta”.
- Londres dice que el dron que alcanzó la base británica en Chipre no fue lanzado desde Irán
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- El alcalde de Valga celebra la victoria judicial contra Audasa que permitirá cobrar el IBI de la autopista a otros concellos afectados
- Irán anuncia un ataque con drones contra el portaaeronaves 'Abraham Lincoln'
- Nueva agresión en la plaza del Toural de Santiago: un hombre rompe una botella en la cabeza a otro varón
- Elecciones USC: Flores cuestiona la entrada de Juanatey en el equipo de Crujeiras
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días