Usuarios de Ambar recrearon os carteis de 12 series no seu calendario solidario
A iniciativa busca visibilizar o talento das persoas con diversidade funcional

Un usuario de Ambar que recreou o cartel de ‘El jardinero’. / Cedida
A asociación de persoas con diversidade funcional Ambar presentou no Teatro Elma da Pobra o seu calendario solidario de 2026, para o que usuarios e usuarias da entidade posaron para o fotógrafo Pichero co fin de recrear carteis de recoñecidas series de ficción.
Con esta iniciativa, a asociación Ambar pretende tamén visibilizar o talento das persoas con diversidade funcional.
O calendario é froito dun intenso traballo creativo entre o fotógrafo Pichero e persoal e usuarios de Ambar. Os participantes recrearon os carteis das series Asalto al Banco Central, Atasco 2, Matices, En fin, El jardinero, Allí abajo, La ley del mar, Respira, Furia, Las abogadas, La Mesías e Animal.
Durante a presentación (á que asistiron tamén familiares dos integrantes de Ambar) reproducíronse uns vídeos das persoas participantes falando de como foi o seu traballo no proceso para a realización do calendario este ano e desvelando os carteis que ilustran cada mes.
A presidenta de Ambar, Milagros Rey, agradeceu «a gran acollida do público no acto de presentación, a colaboración do Goberno da Pobra e o apoio por parte das empresas colaboradoras».
O calendario solidario xa está dispoñible para a súa adquisición a través da tenda online de Ambar ou mediante contacto directo nas canles habituais (chamando ao número de teléfono 981 874 480 ou enviando un correo electrónico ao enderezo correo@asociacionambar.org.
- Santiago empieza a sancionar con hasta 30.000 euros a los dueños de pisos turísticos ilegales
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- La carrera por el Rectorado de la USC se decidirá entre Crujeiras y Flores
- Tres locales de Santiago donde todavía puedes tomar café desde 1,20 euros