Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Xunta amplía a concesión a Jealsa Foods no Bodión ata 2067

A conserveira realizará investimentos nas súas instalacións por oito millóns de euros

Vista aérea das instalacións de Jealsa no Bodión, en Boiro.

Vista aérea das instalacións de Jealsa no Bodión, en Boiro. / Jealsa

Boiro

A Consellería do Mar autorizou unha prórroga excepcional da concesión que ten en vigor a conserveira Jealsa Foods no porto de Bodión (Boiro) en base ao seu interese estratéxico para a actividade portuaria e a economía da comarca. A modificación da concesión autorizada amplía o seu prazo de vixencia ata os 75 anos, o máximo legal permitido, e fará que a industria se manteña no lugar ata 2067.

É a primeira ampliación que se concede nestes termos.

Jealsa Foods xera na súa sede e centros de traballo no Barbanza 3.000 empregos directos, cun incremento interanual do 11%, e preto de 12.000 indirectos. Ademais, ten unha porcentaxe de emprego feminino do 72% e xustifica un enfoque inclusivo cara as persoas con discapacidade integrando a 34 na súa plantilla.

Polo que respecta ao investimento previsto, renovará a cuberta da nave principal para eficiencia enerxética e construirá unha nova nave, o que suporá unha achega total de 3,2 millóns. Así mesmo, reconstruirá unha nave incendiada anos atrás cun investimento de 4,8 millóns, polo que propón un investimento total na comarca para os vindeiros anos de 8 millóns de euros.

Tracking Pixel Contents