Galaicos e romanos deixaron a súa pegada no castro da Croa de Postmarcos, na Pobra
Na escavación realizada no xacemento acháronse restos dunha construción circular, de cerámicas de orixe romana e dunha muralla

A arqueóloga Lupe Castro, segunda pola esquerda, co alcalde, José Carlos Vidal, no centro, e os veciños na visita ao xacemento. / Cedida
As escavacións que se están realizando no Castro da Croa de Postmarcos, na Pobra, deron os seus froitos. Así o indicou a directora da escavación, Lupe Castro (da empresa Tempos Arqueólogos), na visita guiada organizada polo Concello en colaboración coa comunidade de montes de San Isidro de Postmarcos.
Estes labores permitiron confirmar o Castro da Croa estivo longamente ocupado e contou cunha estensa actividade. Tanto é así, que segundo os traballos de escavación, tanto os galaicos como os romanos deixaron a súa pegada no xacemento.
Como apunta a directora da escavación, os achados apuntan a que a zona onde se executaron os traballos tería unha ocupación pertencente á Segunda Idade de Ferro. Os seis sondeos feitos pola empresa serviron para localizar abundante material cerámico de orixe romana.
Con todo, tal e como explicou a directora, ao non haber unha estrutura asociada a estes, non se pode determinar se houbo ou non ocupación do xacemento por parte dos romanos. Así mesmo, descubríronse os restos dunha construción con forma circular e, a priori, de grandes dimensións.
Antiga muralla
Estes labores permitiron confirmar, ademais, a existencia dunha antiga muralla de pedra na zona da croa duns dous metros de ancho, un achado que reafirma a importancia e a potencia deste xacemento en termos defensivos.
O alcalde, José Carlos Vidal, que tomou parte na visita guiada, valorou os resultados da escavación "que nos permiten seguir afondando na historia deste xacemento, un dos máis importantes e singulares da comarca". O rexedor agradeceu a colaboración da Xunta de Galicia e o interese e implicación dos veciños e veciñas que participaron na actividade.
A escavación contou cun investimento de 18.000 euros asumidos pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.
- Anubis Dimitri, el gallego que comparte su vida con cuervos y triunfa en internet: 'Mi motor de vida es ayudar a los animales
- Rebelión en el monte gallego contra la caza del jabalí con las técnicas 'en mano' y 'al salto': 'Puede causar muchos accidentes
- Las casas más modernas de Santiago, en las revistas de decoración
- María Renée, la joven que pone voz a las quejas de Pontepedriña por el proyecto 'Entre Sar e Sarela'
- Nuevo movimiento en la 'milla de oro' de Santiago: Ela Diz deja el casco histórico y se va a Xeneral Pardiñas
- El empedrado de la rúa de San Pedro mantendrá cerrada la calle durante varios días esta semana
- Tres de los barrios con el alquiler más caro de Galicia están en Santiago: la zona norte supera al Ensanche
- El juicio por el nombramiento ilegal de la junta directiva del Compostela queda pendiente de Borja Iglesias