Emotivo concerto da Escola de Música de Muros no centro de día
Algúns usuarios e usuarias do servizo animáronse a botar uns bailes

Os músicos cos usuarios do centro de día de Muros. / Cedida
Alumnos da Escola Municipal de Música de Muros visitaron o centro de día para ofrecer un concerto moi especial, dedicado ás persoas maiores usuarias deste servizo.
A concelleira de Ensino, Laura Rivadeneira, sinalou que “foi unha experiencia entrañable, na que a Escola de Música foi acollida con gran cariño e na que todos gozamos coa música; incluso algunhas persoas se animaron a botar uns bailes”.
A edil engadiu ademais que “é moi importante levar a música directamente ás persoas que teñen maior dificultade para gozar desta arte na programación convencional, asegurando que tamén poidan gozar destas propostas”.
Tamén quixo agradecer o compromiso do profesorado e do alumnado da escola: “Para o Concello é unha sorte contar coa ESMU, sempre dispoñible para colaborar neste tipo de actividades”.
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- Galicia se congela con el aire polar: un nuevo frente de frío, nieve y granizo llega para comenzar la semana
- Los sindicatos del transporte solicitan reunirse con la patronal: «Agardamos unha proposta seria»
- La transformación del conector central de Santiago: 22 equipos presentan sus propuestas y solo 5 pasarán a la final
- Impresionante chalet de obra nueva a las puertas de Santiago: diseño, eficiencia y naturaleza en un entorno privilegiado
- Polémica en Santa Marta por una obra autorizada junto a un hórreo centenario: «Estamos co medo de que se nos veña todo abaixo»
- Herida una joven al chocar contra un muro y otro coche en Boqueixón
- La periodista estrella de TVE visita Santiago: Silvia Intxaurrondo llega invitada por la Fundación Araguaney