Noia anima o Nadal con mercado, concertos, prebadaladas e festa de fin de ano
Cos décimos da Lotaría non premiados o día 22 poderase participar no sorteo de vales de compra o 26

Abel Pan, esquerda, Francisco Pérez e Alba Expósito, na presentación da programación de Nadal de Noia. / Cedida
O alcalde de Noia, Francisco Pérez, presentou este venres no casco histórico o programa de Nadal, baixo o lema É Nadal en Noia, un extenso calendario de actividades pensado para dinamizar a vila durante as festas e ofrecer propostas de lecer para todos os públicos.
Acompañado por Abel Pan, concelleiro de Festexos, e Alba Expósito, presidenta da asociación empresarial Noia Histórica, o rexedor destacou "a aposta decidida por un Nadal participativo, inclusivo e con forte impacto social e económico".
Entre as principais novidades atópase a primeira edición do Mercado de Nadal, que converterá o casco histórico nun espazo cheo de postos de artesanía, mentres que a alameda acollerá postos de alimentación e restauración.
Ao redor destes dous emprazamentos desenvolveranse múltiples actividades, como obradoiros infantís, espectáculos de animación nas rúas e a presenza de personaxes como o Grinch, o Apalpador e Papá Noel, que recibirá aos nenos e nenas na caseta situada na Praza do Tapal.
O programa complétase cunha ampla oferta musical, con concertos no palco da música, así como pasarrúas e actuacións da Banda de Música Municipal e do conservatorio, reforzando o protagonismo da música local durante estas datas.
Como novidade destacada, Noia celebrará tamén o día de fin de ano cunha programación especial. Pola mañá terá lugar unha festa de pre fin de ano na alameda, con badaladas matinais e animación musical.
Xa pola noite, instalarase unha carpa climatizada exterior na Praza do Curro para celebrar a chegada do novo ano cunha gran festa animada por Disco Chocolate.
Francisco Pérez sinalou que “este programa busca que Noia viva o Nadal na rúa, recuperando espazos emblemáticos e xerando actividade económica e social nunhas datas tan especiais para a veciñanza”.
Ademais, destacou que “é unha programación pensada para todas as parroquias, idades e sensibilidades”.
Neste sentido, este ano Papá Noel visitará todas as parroquias de Noia e o Concello aposta por recuperar "unha cabalgata á altura dunha vila como Noia, reforzando a tradición e a ilusión dos máis pequenos".
Pola súa banda, a presidenta de Noia Histórica, Alba Expósito, puxo en valor a colaboración entre a asociación empresarial e o Concello, destacando que “traballar da man permite crear un Nadal máis atractivo, que anime a xente a mercar no comercio local e a gozar da vila”.
Expósito lembrou tamén a participación da entidade no Sorteo do Décimo, unha iniciativa xa realizada o ano pasado que convida a cidadanía a reutilizar os seus décimos da Lotaría Nacional non premiados o día 22 de decembro para participar novamente o día 26 no sorteo dun vale de compra de 800 euros, dos vales de 500 euros e tres vales de 250 euros.
As urnas estarán instaladas o día 26 de decembro na Praza do Curro e o sorteo celebrarse alí mesmo a partir das 20.30 horas.
Na tarde deste venres, ás 19.00 horas, terá lugar o acendido das luces de Nadal na alameda, un acto que correrá a cargo da Asociación Pro Saúde Mental A Creba. O evento contará cun concerto de panxoliñas da Coral Polifónica de Noia e haberá chocolate e churros de balde para todas as persoas asistentes.
Segundo Abel Pan, “queremos que o inicio do Nadal en Noia sexa un acto participativo, solidario e cheo de ilusión”.
- La nieve y el frío intenso regresan a Galicia: una masa de aire polar llega para desplomar las temperaturas
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- Cierra A Gata Tola, mítica librería de cómic en Santiago
- Un nuevo robo de oro en Trazo amplía la ola de asaltos de la Banda del Volvo
- Tormentas, granizo, nieve y vientos de intensidad huracanada: lo peor del temporal llega a Galicia