CULTURA
Barbanza reivindica a forza cultural da comarca cos premios Barbantia
O pintor Antonio Pérez, o artista e escritor Manuel Olveira e o Museo Valle Inclán son os distinguidos

Antonio Pérez, esquerda, Carlos Vidal, Patricia Lojo e Begoña Olveira cos premios. / D. C.
O pintor ribeirense Antonio Pérez, o artista, escritor e crítico de arte Manuel Olveira, e o Museo Valle Inclán da Pobra do Caramiñal recibiron onte o Premios Barbantia da Cultura 2025 nun acto celebrado en Porto do Son.
Antonio Pérez, agradeceu a distinción e amosou a súa crenza «na cultura do esforzo, pois sen esforzo non hai resultados, e sempre incluquei isto aos meus alumnos». Manuel Olveira no puido recoller o premio persoalmente pero, a través da súa irmá Begoña, transmitiu o agradecemento a A. C. Barbantia e sinalou que o premio «dáme folgos para continuar esforzándome pola excelencia artística e cultural, e para que chegue a toda a sociedade».
Tampouco puido asistir, por motivos de saúde, o director do Museo Valle Inclán, Antonio González Millán, e no seu nome recolleron a distinción o alcalde, Carlos Vidal, e a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, quen asegurou que «este recoñecemento non o entendemos como un punto de chegada, senon como a confirmación dun camiño compartido: o da defensa do patrimonio literario, da memoria cultural e da difusión pública da figura de Ramón María Valle Inclán».
O rexedor puxo en valor o labor do director do museo, a quen definiu como «o principal artífice do que significa o museo para a comarca e para toda Galicia», ao tempo que loou a implicación da concelleira co espazo museístico, «polo que me consta que sinte unha especial predilección».
Compromiso e constancia
Ao acto sumouse o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, quen subliñou o labor da asociación Barbantia, á que agradeceu o seu «compromiso, constancia e papel esencial na vida cultural da comarca». Lembrou que a entidade naceu da iniciativa dun grupo de amigos e amigas vinculadas á creación cultural que decidiron soñar en grande e construír un espazo común no que as ideas e a cultura puidesen circular libremente». Formoso reafirmou tamén o compromiso do ente provincial coa creación e a vida cultural: «A Deputación seguirá ao voso lado, defendendo e promovendo esa forza cultural que nos define».
O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, enxalzou o labor da A. C. Barbantia, subliñando que «é unha guía a seguir», e Severino Álvarez, jefe territorial da Consellería da Lingua, reafirmou tamén o «compromiso firme da Xunta de Galicia coa tradición, a cultura e o noso patrimonio histórico».
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- Nueva jornada de huelga de buses urbanos: Santiago, sin servicios mínimos
- Tormentas, granizo, nieve y vientos de intensidad huracanada: lo peor del temporal llega a Galicia
- El jardín de las 20.000 rosas que marcó la Navidad en Santiago: 'Superó todas nuestras expectativas
- David Uclés, premio San Clemente: 'Estoy muy unido a Santiago y a sus bibliotecas
- Un vehículo volcado y ardiendo deja tres heridos y obliga a cortar la AP-9 en dirección Santiago
- Santiago afronta este viernes una nueva jornada de huelga de buses
- La macrofiesta más esperada del carnaval gallego está en área y ya tiene fechas: 'Un viaje musical apoteósico