URBANISMO
Ribeira embelece o mobiliario urbano das rúas Galicia e Rosalía de Castro
Realizáronse tamén labores de limpeza de espazos degradados

Acondicionamento de mobiliario urbano en dúas rúas de Ribeira. / Cedida
O centro urbano de Ribeira foi obxecto nestes días dunha intervención focalizada na limpeza e embelecemento do mobiliario urbano.
A concelleira de Obras, Herminia Pouso, informou que se contratou unha empresa para executar tarefas de acondicionamento nas rúas Galicia e Rosalía de Castro para eliminar grafitis, retirar carteis obsoletos, abrillantar o mobiliario metálico prateado e pintar o de madeira.
Deste xeito, interveuse en bancos, contedores, macetas, papeleiras, postes, caixas de correos, unha cabina telefónica, caixas de electricidade e un balado de madeira.
Segundo destaca a edil, "esta medida busca a mellora estética destas céntricas rúas, acabando con espazos que estaban moi degradados, principalmente, por pintadas e acumulación de cartelería obsoleta. Estamos falando de dúas arterias da cidade, zonas peonís con moita vivenda, comercio e hostalería, polo que era necesario recuperar este mobiliario urbano do estado no que se atopaba".
A empresa encargada de realizar os traballos foi LGM Arousa S.L. e o investimento ascendeu a 4.114 euros, IVE incluído.
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- La nieve y el frío intenso regresan a Galicia: una masa de aire polar llega para desplomar las temperaturas
- Tormentas, granizo, nieve y vientos de intensidad huracanada: lo peor del temporal llega a Galicia
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- Oleada de robos: 'Queda la luz encendida para que parezca que hay gente en casa
- Nueva jornada de huelga de buses urbanos: Santiago, sin servicios mínimos