Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

COMERCIO

A Asociación Boirense de Empresas reparte os primeiros premios do Nadal

A patronal sorteará 3.000 € entre os 500 primeiros clientes

Acto de presentación da campaña de Nadal da ABE en Boiro.

Acto de presentación da campaña de Nadal da ABE en Boiro. / Cedida

Boiro

O sorteo inaugural da campaña de Nadal da Asociación Boirense de Empresas (ABE), enmarcado nunha programación especial orientada a dinamizar o comercio local, xa ten gañadores.

As persoas agraciadas son Nati Oliveira (Supermercado Mercamás), Francisco José Alonso (Deportes Hermida Dequip), Elena Vigo (Farmacia Cimadevila), María del Carmen Romero (Cosmos tendas multiprezos), e Paula Alonso (Frutas Reyjosa).

Todos eles poden pasar xa a recoller os seus premios, consistentes nun pack da campaña composto por axenda, calendario, invitación para o parque infantil e bolsa oficial.

Cartel de premiados no primeiro sorteo de Nadal en Boiro.

Cartel de premiados no primeiro sorteo de Nadal en Boiro. / ABE

Lémbrase que os calendarios e as bolsas son os agasallos para os 500 primeiros clientes que cambien os seus tickets de compra por rifas para participar no sorteo presencial de 3.000 euros.

O punto de información e intercambio de tickets por rifas estará operativo mañá e o venres, en horario de 11.30 a 13.30 horas, diante do mercado municipal.

Como dato destacado, durante os catro días que durou esta primeira acción rexistráronse 481 tickets, o que supón case 150 máis que no mesmo periodo sen sorteo, un feito que evidencia o alto interese das persoas clientes nas accións promocionais e sorteos programados dentro da campaña de Nadal.

"Desde a ABE seguimos apostando por iniciativas que incentiven as compras no comercio local e agradecemos a implicación tanto dos establecementos asociados como da veciñanza de Boiro", afirma Tomás Estévez, xerente de ABE.

Tracking Pixel Contents