Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

INFRAESTRUTURAS

Boiro mellora a seguridade viaria na Avenida Jesús Alonso

O Concello inviste 24.911 € no pavimentado da vía

Obras de mellora da Avenida Jesús Alonso, en Boiro.

Obras de mellora da Avenida Jesús Alonso, en Boiro. / Cedida

Boiro

O Concello de Boiro comezou as obras de pavimentado e mellora da seguridade viaria na Avenida Jesús Alonso, unha actuación orzamentada en 24.911,59 euros que se financia mediante fondos propios.

As obras que se están a levar a cabo contemplan a pavimentación co obxectivo de mellorar a seguridade viaria co fresado da zona na que se vai actuar, de 1.205 metros cadrados, e o pavimento con mestura bituminosa en quente.

A actuación completarase co pintado de marcas viarias así como a sinalización horizontal con bandas redutoras de velocidade, pasos de peóns e velocidade.

Tracking Pixel Contents