SUBVENCIÓNS
Dezaseis clubs de Barbanza reciben axudas da Xunta para equipamentos deportivos
O de Piragüismo Rías Baixas de Boiro recibiu 45.600 euros

Belén do Campo, á esquerda, nas instalacións do Club de Piragüismo Rías Baixas. / Cedida
A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deporte concedeu axudas por máis de 82.000 euros a 16 clubs da comarca de Barbanza para a adquisición de equipamentos deportivos. Así o confirmou a delegada da Xunta, Belén do Campo, na súa visita ao Club de Piragüismo Rías Baixas de Boiro, unha das entidades beneficiarias.
Este club recibiu 45.600 euros, 9.600 para a compra de embarcacións e case 3.000 para a realización de actividades. Ademais, dispón case 30.000 euros para os seus equipos de alta competición feminino, masculino e para o seu equipo e de Comet Paracance dentro das axudas do Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición.

A delegada da Xunta con directivos do club de Boiro. / X. G.
O Club Piragüismo Rías Baixas – Boiro, fundado en 1997, experimentou un notable crecemento ao longo da súa traxectoria, cun impulso clave en 2018 grazas á mellora das súas instalacións en Praia Xardín, que hoxe inclúen ximnasio, vestiarios e hangar de embarcacións. A entidade conta cunha ampla proxección internacional, con deportistas que representaron a España en campionatos de Europa e do Mundo, destacando os éxitos do equipo de Barco Dragón no Mundial 2024 en Filipinas, con ouro en DB10 2000 metros Open e prata en DB22 2000 metros Mixto, así como a participación de Adrián Mosquera nos Xogos Paralímpicos de Toquio 2020 e París 2024.
Desde 2021, baixo a presidencia de Sergio Pérez Treus, vén reforzando a súa aposta polo deporte base e pola formación, consolidándose como un referente.
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- La nieve y el frío intenso regresan a Galicia: una masa de aire polar llega para desplomar las temperaturas
- Tormentas, granizo, nieve y vientos de intensidad huracanada: lo peor del temporal llega a Galicia
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- Oleada de robos: 'Queda la luz encendida para que parezca que hay gente en casa
- Nueva jornada de huelga de buses urbanos: Santiago, sin servicios mínimos