TRÁFICO
Noia reducirá os límites de velocidade nas estradas municipais
O obxectivo é protexer a peóns e condutores

Noia limitará a 30 km/h a velocidade nalgunhas estradas municipais. / Cedida
O edil de Tráfico de Noia, Luis Alamancos, vén de poñer en marcha unha campaña dirixida á redución dos límites de velocidade nas estradas de titularidade municipal, co obxectivo de mellorar a seguridade viaria e protexer tanto a peóns como a condutores.
A iniciativa, que se desenvolverá de maneira coordinada entre a Policía Local e o departamento municipal de Obras, contempla a rebaixa da velocidade máxima permitida de 50 a 30 km/h en determinados tramos do viario municipal.
Esta medida aplicarase especialmente en zonas de maior perigosidade, caracterizadas pola falta de beirarrúas, pola estreitez da vía ou por unha convivencia máis directa entre vehículos e peóns, co fin de reducir o risco de accidentes e aumentar a seguridade viaria.
Mobilidade responsable
Alamancos asegura que "esta campaña responde á necesidade de adaptar a velocidade ás condicións reais das vías municipais, priorizando a seguridade das persoas e fomentando unha mobilidade máis responsable e sostible".
Desde o Concello de Noia faise un chamamento á colaboración da cidadanía, solicitando respecto polos novos límites de velocidade e polas indicacións da sinalización viaria, lembrando que unha condución máis prudente redunda nunha mellor convivencia e nunha maior seguridade para todos.
- Vientos huracanados, lluvias persistentes y descenso de la cota de nieve: el temporal sacude a Galicia esta semana
- Santiago encara un nuevo día sin autobuses urbanos en pleno temporal: los piquetes impiden salir a los servicios mínimos
- Galicia protege a la última pareja que cría en la península de un singular pájaro
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- No es spam: todo lo que debes saber del mensaje masivo del Sergas y el virus respiratorio sincitial
- Santiago contará con dous novos radares: un estable no Restollal e un novo no túnel do Hórreo
- Lavacolla se pone en obras: cuenta atrás para un cierre total que agudizará la crisis del aeropuerto de Santiago