Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

NADAL

O Museo das Minas de San Fins acolle o Belén de Cumes

Máis dun cento de persoas participaron nunha andaina por Lousame

Camiñantes contemplando o Belén de Cumes no Museo das Minas de San Fins.

Camiñantes contemplando o Belén de Cumes no Museo das Minas de San Fins. / Cedida

Lousame

A tradicional Andaina e Belén de Cumes do Concello de Lousame xuntou este ano máis dun cento de persoas, entre elas un numeroso grupo do Club Trabandainas de Noia.

Foi unha camiñata circular de 14 quilómetros polo mesmo trazado que o 28 de decembro farán os atletas participantes no Trail Curto de Lousame, no que xa están 160 persoas inscritas.

Un percorrido por pistas de terra que saíu da Silva seguindo durante un par de quilómetros á beira do río da Mina ata chegar ás Minas de San Fins, onde tivo lugar o avituallamento.

Participantes na andaina por terras de Lousame.

Participantes na andaina por terras de Lousame. / Cedida

Alí a expedición fixo unha longa parada para visitar o museo, aberto especialmente para a ocasión, onde está montado o tradicional Belén de Cumes, un nacemento composto por figuras de gran tamaño que cada ano se instala nun lugar especial do municipio. Despois, a expedición continuou polo Monte da Fiosa e a Cruz de Marselle, para voltar ao polideportivo, onde desfrutaron dun chocolate con churros da man de Churrería Rafa.

A tenente de alcalde, Silvia Agrafojo, puxo en valor o traballo realizado polos traballadores dos distintos departamentos municipais, así como pola Rede de Voluntariado de Lousame, Cruz Vermella Noia e Protección Civil de Lousame para o desenvolvemento da andaina.

TEMAS

Tracking Pixel Contents