Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

FIN DE ANO

Os ribeirenses correrán para apoiar á nena Daniela Otero

A San Silvestre está aberta a persoas de todas as idades

Clara Millares e Álex Vidal presentando a San Silvestre de Ribeira.

Clara Millares e Álex Vidal presentando a San Silvestre de Ribeira. / Cedida

Ribeira

Pouco antes de tomar as doce uvas, os ribeirenses teñen unha cita deportiva con fin benéfico. Por segundo ano consecutivo, Ribeira despedirá o ano cunha San Silvestre organizada pola Escuela de Boxeo El Canario e o Club Natación Ribeira coa colaboración do Concello.

Non faltará a compoñente solidaria, xa que a proba recadará donativos a favor da nena Daniela Otero, diagnosticada cunha enfermidade rara.

O evento celebrarase o mércores, 31 de decembro, a partir das 16.00 horas, na pista de atletismo da Fieiteira. O concelleiro de Deportes, Álex Vidal, subliña que é "un evento non competitivo que serve para despedir o ano". Avanzou, ademais, que xa se está traballando en novas ideas no ámbito deportivo cara o 2026.

Na carreira poderán participar xente de todas as idades, e o obxectivo é "pasalo ben en familia, e correr todos xuntos" como apuntou Clara Millares, en representación da Escuela de Boxeo El Canario.

Chocolate e agasallos

A proba contará con varias opcións: distancias de 100, 500, 2000 e 5000 metros lisos. Unha vez completado o percorrido, non faltará o chocolate con biscoito e rosca, e sortearanse agasallos doados por empresas locais.

A inscrición pódese formalizar no propio día e lugar do evento, ás 15.30 horas, ou por vía telemática ata o 28 de decembro con nome e distancia a realizar a través do whatsapp dos números 620 701 151 ou 652 234 902.

Tracking Pixel Contents