Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

OBRAS

Boiro disporá dunha casa da cultura polivalente, eficiente e accesible

A rehabilitación inclúe un novo auditorio para 535 espectadores

José Ramón Romero, esquerda, e Pedro Blanco, no centro, supervisaron as obras.

José Ramón Romero, esquerda, e Pedro Blanco, no centro, supervisaron as obras. / D. G.

Boiro

O Concello de Boiro iniciou ás obras de rehabilitación integral da casa da cultura, un proxecto de 3.854.895 euros que conta con financiamento dos ministerios de Transportes e Mobilidade Sostible e Vivenda e Axenda Urbana, mediante o PIREP Local. O delegado do Goberno, Pedro Blanco, e o alcalde, José Ramón Romero, supervisaron o inicio dos traballos.

Crearase un novo auditorio con capacidade para 535 espectadores, renovarase a biblioteca dotándoa de salas de estudo, e crearase unha aula de informática, unha ludoteca e un arquivo. A ampliación permitirá pasar de 1.792 metros cadrados a 2.927.

O novo edificio será máis eficiente. A totalidade do inmoble está deseñado para que o balance de emisións e consumo sexa cero mediante a mellora do illamento térmico, da iluminación cun sistema de moi baixo consumo, sistemas de calidade de aire interior con renovación, e instalación de equipos de xeración de enerxía fotovoltaica. Ademais, será totalmente accesible ao crearse un percorrido desde a Avenida da Constitución con zonas de sombra.

O alcalde, José Ramón Romero, agradeceu a implicación do Goberno de España no financiamento desta actuación «que vai supoñer un antes e un despois na programación cultural do municipio, permitindo albergar espectáculos acorde ás necesidades actuais e coidando a accesibilidade universal da que a instalación carecía».

Pedro Blanco puxo en valor o impacto dos máis de 3,6 M€ dos que se beneficia o Concello de Boiro, onde o Goberno de España está a investir na modernación do Centro Comercial Aberto, impulsando a dixitalización co Plan UNICO e a eficiencia enerxética a través do IDAE, a dinamización turística e a loita contra a violencia machista.

Máis de 6 M€ en Barbanza

Subliñou ademais que na comarca do Barbanza mediante o PIREP o Goberno inviste máis de seis millóns de euros nos concellos de Rianxo (978.709 €), Porto do Son (241.537 €), Ribeira (3.375.427 €) e Boiro (1,56 M€).

TEMAS

Tracking Pixel Contents