MARISQUEO
Mar habilita tres días de campaña da vieira en Rianxo e Cambados
Os barcos rianxeiros poderán extraer 3.000 kg do 17 ao 19 de decembro

Ángeles Suárez, esquerda, cos representantes do sector pesqueiro. / X. G.
A Consellería do Mar acordou a apertura da campaña da vieira, de xeito limitado e controlado, na ría de Arousa, concretamente na zona IV, atendendo aos criterios científicos e tras reunirse co sector.
Así, os días 17, 18 e 19 de decembro, poderán extraer un máximo de 7.500 quilos, dos cales 3.000 corresponderán á confraría de Rianxo e 4.500 á de Cambados, establecéndose un tope de 40 quilos por persoa e día.
O acordo acadouse nunha xuntanza da directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, e representantes das confrarías de Cambados e Rianxo, así como os presidentes das federacións provinciais de confrarías de Pontevedra e A Coruña.
Ambas confrarías solicitaron formalmente a apertura da campaña, unha petición que foi analizada pola Consellería do Mar á luz da información científica dispoñible e da situación real do recurso. Como resultado deste proceso, decidiuse autorizar a extracción de vieira
A actividade limitarase exclusivamente á zona IV da ría e os puntos de descarga autorizados serán os portos de Tragove e Rianxo, co obxectivo de garantir un control efectivo da extracción e da comercialización do produto.
Extracción limitada
Esta decisión baséase no informe científico realizado polo Centro de Investigacións Mariñas (CIMA), que indica que non existe stock suficiente no resto das zonas da ría, polo que recomenda unha extracción limitada, puntual e estritamente controlada, para garantir a sustentabilidade do recurso.
A directora xeral salientou que a medida responde a un modelo de cogobernanza da xestión pesqueira, no que a Xunta e o sector traballan de maneira coordinada para compatibilizar a conservación dos recursos coa actividade económica.
Neste sentido, subliñou que a decisión adoptada atende de forma equilibrada aos factores biolóxicos, sociais e económicos, garantindo tanto a protección da especie como unha oportunidade para o sector nunha campaña marcada pola prudencia e a responsabilidade.
- Vientos huracanados, lluvias persistentes y descenso de la cota de nieve: el temporal sacude a Galicia esta semana
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- No es spam: todo lo que debes saber del mensaje masivo del Sergas y el virus respiratorio sincitial
- Galicia protege a la última pareja que cría en la península de un singular pájaro
- Santiago contará con dous novos radares: un estable no Restollal e un novo no túnel do Hórreo
- Santiago se rendirá a la magia de 'Reinventio' el 17 de enero: así puedes conseguir invitaciones
- Lavacolla se pone en obras: cuenta atrás para el cierre total del aeropuerto de Santiago