Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

INFRAESTRUTURAS

Xunta e Concello mellorarán o complexo deportivo da Tarela en Porto do Son

Crearán un aparcadoiro e optimizarán a superficie útil

María Martínez e Luis Oujo avaliando o proxecto de mellora.

María Martínez e Luis Oujo avaliando o proxecto de mellora. / X. G.

Porto do Son

A Xunta colabora co Concello de Porto do Son na primeira fase das obras de mellora do complexo deportivo da Tarela. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, asinou co alcalde, Luis Oujo, o convenio para a concesión dun préstamo que supera os 390.000 euros do Fondo de Cooperación da Xunta para municipios de menos de 50.000 habitantes.

O obxectivo é levar a cabo os traballos que permitan crear e ordenar un aparcadoiro que dea servizo aos usuarios do complexo (piscina e ximnasio) e mellore a chegada en vehículo e a mobilidade no contorno.

A obra incluirá tamén o incremento e optimización da superficie útil destinada á actividade física, mellorando as condicións de uso e adaptando o espazo ás necesidades actuais.

A intervención a acometer polo Concello, que suporá un orzamento total de preto de 650.000 €, desenvolverase así grazas á esta iniciativa do Fondo de Cooperación da Xunta, que está destinada a financiar obras de conservación de patrimonio, rexeneración urbana ou adquisición de inmobles para rehabilitar en municipios con poboación máis pequena.

Este préstamo sen xuros, a devolver en 8 anos, correspóndese á convocatoria 2025 desta liña de achegas, dotada dun total de 3,7 millóns de euros.

Tracking Pixel Contents