Carnota inaugura o novo auditorio municipal do Viso, chamado a ser o corazón cultural do concello
Na estrea das renovadas instalacións actuou alumnado da Escola de Música

A deputada provincial Mónica Rodríguez, durante a inauguración. / Cedida
O Concello de Carnota inaugurou este mércores o novo auditorio municipal do Viso, unha infraestrutura que dota o municipio dun espazo escénico moderno, accesible e versátil, chamado a converterse no corazón cultural da localidade.
O acto contou coa presenza do alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido, e da deputada provincial Mónica Rodríguez, que puxeron en valor a colaboración institucional que fixo posible esta actuación, financiada a través do Plan Único da Deputación, cun investimento superior aos 300.000 euros.
O alcalde agradeceu “o apoio imprescincible” da Deputación para acometer as obras e lembrou que a creación deste auditorio responde ao obxectivo de “dotar Carnota dun espazo cultural á altura do talento e das necesidades do concello”. Segundo sinalou, o novo auditorio permitirá dar resposta ás demandas das asociacións culturais e da Escola de Música e ofrecer unha programación estable e de calidade.
Pola súa banda, Mónica Rodríguez destacou o “empeño persoal do alcalde para conseguir un auditorio á altura do potencial cultural do municipio, un espazo digno para que a veciñanza de Carnota poda gozar da cultura, para que os rapaces e rapazas da escola de música municipal podan tamén ofrecernos o seu arte en concertos como o que hoxe inaugura este espazo”.
Afirmou tamén que este novo auditorio está chamado a ser “o corazón cultural” de Carnota. “Este escenario será, a partir de hoxe, a casa da música, do teatro, da danza, do cine e de todas as expresións culturais que fan de Carnota un concello vivo e dinámico no plano cultural. Un espazo pensado non só para grandes eventos, senón tamén para o día a día da cultura local”, afirmou a deputada.
A inauguración realizouse co Concerto de Nadal da Escola de Música de Carnota, protagonizado polo seu alumnado, nunha estrea cargada de simbolismo. A escola celebra case tres décadas formando xeracións de mozas e mozos en música, converténdose nun dos grandes piares da vida cultural da comarca, e foi a encargada de dar vida por primeira vez a un escenario que nace pensado para o talento local.
A apertura do auditorio marca tamén o inicio dunha intensa programación cultural de Nadal. Nos próximos días, Carnota acollerá propostas teatrais para público adolescente, adulto e familiar, actividades deportivas e citas pensadas para a rapazada, como a recepción de Papá Noel, que xa terá lugar no novo auditorio.
A fin de semana do 27 e 28 de decembro, o Nadal vivirá un dos seus momentos máis especiais coa celebración do Mercado de Fin de Ano, no que haberá postos locais, cantos de taberna e obradoiros, consolidando un espazo de encontro arredor do comercio e da cultura local.
A programación completarase coa tradicional Festa de Fin de Ano, xa convertida nun clásico no calendario festivo do concello, e coa Cabalgata de Reis, que porá o peche ás celebracións.
- Un restaurante compostelano se cuela entre los favoritos de los españoles para comer en 2025
- Susto en la urbanización teense de Augas Mansas por un vecino atrincherado en casa
- Un vuelo de Ryanair entre Valencia y Santiago acaba desviado a Madrid por el mal tiempo
- El lobo mata tres perros en el rural de Santiago: 'La gente no quiere salir al monte
- Buscan «parejas reales» en Santiago para participar en lo que parece la nueva serie de época de Vaca Films
- Comer 'por menos de 6 euros': tres restaurantes de Santiago que adoran los estudiantes
- Luto en la TVG y la Radio Galega por la muerte de la periodista Mabel Montes
- Drones y puertas marcadas en Ames: ¿‘modus operandi’ de la Banda del Volvo?