Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Lousame acolle o festival de Nadal da gran familia Amicos

Usuarios e traballadores gozaron de música, teatro e ‘lotobingo’

O calendario solidario repasa os vinte e cinco anos da entidade

Usuarios de Amicos, este xoves durante o festival de Nadal.

Usuarios de Amicos, este xoves durante o festival de Nadal. / Cedida

Lousame

A casa de cultura de Lousame acolleu este xoves o tradicional festival de Nadal da asociación de persoas con discapacidade intelectual Amicos, ao que asistiron tamén Silvia Agrafojo, concelleira de Servizos Sociais de Lousame; José Antonio Ces, concelleiro de Seguridade Viaria e Protección Civil; Digna Iglesias, vicepresidenda de Amicos; e Xoán España, director xeral da entidade, entre moitos outros integrantes da familia Amicos.

O festival arrincou coa presentación do calendario benéfico da asociación, que na edición de 2026 fai un percorrido polos 25 anos de historia da entidade.

Pode adquirirse no Centro de Atención Integral de Boiro. O de mesa custa 7 € e o de parede, 8.

«Este ano quixemos poñer en valor as persoas que formaron e forman parte de Amicos dende hai 25 anos, cando este proxecto botou a andar», dixo España.

Os primeiros en subirse ao escenario foron os integrantes do grupo Nadadores de Babilon, persoas con mobilidade reducida e grandes necesidades de apoio, que realizaron un baile do máis creativo. Os seguintes foron os usuarios do obradoiro de canto As voces do Nadal, que interpretaron dúas panxoliñas compostas por eles mesmos, nas que tamén fixeron referencia á historia da entidade e a o que significa para eles Amicos.

A continuación foi a quenda do obradoiro de baile urbano do grupo Ropopompón e do Club de Teatro de Amicos, que representou a obra O portal de Comoxo e o vídeo Nadal Rock.

As dúas últimas actuacións correron a cargo do alumnado do CEEPR Amicos, baixo o título O país das fadas e Mensaxes da auga. A actividade final da mañá foi o lotobingo impulsado polos máis xóvenes da asociación, que foron os encargados de realizar un sorteo inspirado no da Lotaría de Nadal, no que participaron todos os asistentes.

Fin de festa con panxoliñas

Ao redor das dúas da tarde tivo lugar o peche do evento, no que todos os asistentes se subiron ao escenario para cantar xuntos e bailar a tradicional panxoliña Mi burrito sabanero.

Tracking Pixel Contents