Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Espectáculos para o público infantil e familiar en Outes

O venres darán un concerto a banda de música municipal e a Coral Francisco Añón

Papá Noel xa se sentou no trono en Outes para visitar á rapazada.   |   CEDIDA

Papá Noel xa se sentou no trono en Outes para visitar á rapazada. | CEDIDA

Outes

En Outes o Nadal non é cousa de un só día senón que é unha festividade cuxos valores familiares e comunais levan a que a celebren durante todo o mes de decembro e parte de xaneiro. Cunha programación que non deixou indiferente a ninguén, os días 13 e 14 foron moitos os que acudiron a á súa Feira de Nadal na praza do Bosque, e non foi para menos, pois contaron con máis dunha trintena de postos de comercio local, artesanía e alimentación.

De feito, ata Papá Noel paseouse esas xornadas polas rúas da Serra en convertible para repartir caramelos.

Asi mesmo, no Concello tampouco faltaron os espectáculos, pois onte o público familiar e infantil puido gozar da actuación Sons, de Tequerreté Teatro. Por outra banda, para os fanáticos dos ritmos máis clásicos, Xiro animou o ambiente cun concerto de música tradicional.

A próximas gran cita marcada no calendario é o concerto benéfico da banda de música municipal xunto coa coa Coral Francisco Añón, que garanten unha interpretación que porá a flor de pel aos presentes na Casa da Cultura o vindeiro venres, ás 20.00 horas. O sábado, tamén na casa cultural, realizarase a proxección do documental Riba da Fonte, de Alberto Sacido Romero.

Por último, o 5 de xaneiro a partir das 17.30 horas, terá lugar a esperada recepción dos Reis Magos no pavillón da Serra que, posteriormente, subiranse nas carrozas para repartir caramelos por todas as parroquias na cabalgata.

Nadal en Barbanza e Costa da Morte 2025

Nadal en Barbanza e Costa da Morte 2025

Nadal en Barbanza e Costa da Morte 2025

Concurso de postais de Nadal e de decoración

Nos próximos días tamén se coñecerán os gañadores dos concursos de decoración e de postais. O prazo de votación en liña para designar os establecementos comerciais, particulares e entidades mellor personalizadas segundo a temática rematará o venres desta semana, día 26.

A puntuación final será 50% a cargo dun xurado profesional e 50% segundo os votos por Internet. Tanto establecementos coma particulares poderán gañar 125 ou 50 euros en vales para consumir no comercio local.

Tracking Pixel Contents