Lousame pon aos veciños e visitantes a facer deporte
O 28 de decembro os veciños poderán correr no Trail curto e longo | Mañá virá Papá Noel

A andaina foi todo un éxito e contou coa participación de máis de 100 persoas. | CEDIDA
En Lousame, como de costume, a chegada do Nadal vai acompañada de divertidas iniciativas para pasar un bo anaco en familia, con seres queridos e acompañados dunha veciñanza que non dubida en xuntar lazos nestas datas.

Lousame pon aos veciños e visitantes a facer deporte | CEDIDA
O evento protagonista foi unha das súas actividades xa clásicas, a Andaina e Belén de Cumes. Un percorrido que tivo lugar o 15 de decembro e no que os seus máis de cen participantes, ataviados acorde á época do ano, desafiaron ás temperaturas baixo cero para chegar ao Polideportivo Municipal Barreiro.
O deporte non límites para os lousamiáns, que xa esperan ansiosos que o calendario marque o domingo 28 de decembro para completar este percorrido unha vez máis, aínda que nesta ocasión cun ritmo máis elevado, xa que serán o Trail curto e longo.

Nadal en Barbanza e Costa da Morte 2025
Nadal en Barbanza e Costa da Morte 2025Por outra banda, os máis pequenos recibirán mañá a visita de Papá Noel na casa da cultura, co que poderán falar e entregarlle a súa carta en man de 11.00 a 14.00 horas.
Asemade, a rapazada poderá participar nuns obradoiros de creación de adornos de Nadal.
- La nieve y el frío intenso regresan a Galicia: una masa de aire polar llega para desplomar las temperaturas
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- Cierra A Gata Tola, mítica librería de cómic en Santiago
- Un nuevo robo de oro en Trazo amplía la ola de asaltos de la Banda del Volvo
- Tormentas, granizo, nieve y vientos de intensidad huracanada: lo peor del temporal llega a Galicia