Muros recibe a Papá Noel e despide o ano por todo o alto
O Concello promove un programa de Nadal enfocado a entreter a todas as parroquias

Muros recibe a Papá Noel e despide o ano por todo o alto | CEDIDA
En Muros, o mes de decembro é sempre unha época de fantasía, xa que con motivo do Nadal, unha das festas favoritas da comunidade, senón a que máis, hai que adecuar a axenda para non perderse ningún plan.
Neste marco, o Concello planeou un sinfin de actividades cun obxectivo concreto: que todas as parroquias brillen e desprendan alegría durante o mes de decembro.Por un lado, os veciños de Abelleira tiveron a posibilidade de personalizar os seus adornos con flores nun obradoiro artesanal de decoración no Centre de Susurros. Aínda que tamén reservaron tempo para a troula, organizando unha foliada.
En Esteiro, tamén gozaron dos mesmos talleres de creación no Centro do Areal, ao que se lle sumaron outros de elaboración de postais, cunha sesión de contacontos; preparación de bolsas para os Reis Magos, tamén con contacontos; e de decoración de galletas. Ademais, os esteiranos desfrutaron do espectáculo teatral O mestre e dun concerto da escola municpal de música, así como dunha festa de Nadal.
Por outra banda, os veciños de Tal, Torea e Louro tamén puideron crear os seus propios adornos florais. Nesta última parroquia foron un paso máis alá e celebraron estas datas tan especiais cun festival organizado pola Agrupación Folklórica Ximiela. Este martes é o día máis esperado pola rapazada, posto que Papá Noel aparcará a zorra en Muros para saudar e escoitar as peticións dos nenos. Estará ás 12.00 no curro da Praza e ás 17.00 horas na praza da Pescadería.
Outra das xornadas máis destacadas é o próximo sábado, no que os que asistan ás 18.00 horas ao auditorio do centro cultural e xuvenil poderán rir sen parar coa obra Un show incríbel, de Cayetano Lledó. Unha hora despois, os muradáns invadirán a praza do Mercado vestidos de corto para correr a San Silvestre.

Nadal en Barbanza e Costa da Morte 2025
Nadal en Barbanza e Costa da Morte 2025A troula non quedará aí, pois o 31 de decembro celebrarase a festa de Fin de Ano no curro da Praza; o 3 de xaneiro terá lugar no Pavillón Xosé Lago a festa dos Reis Magos, ás 17.30 horas; o día 5 será a Cabalgata de Reis, que percorrerá dende Laxeiras ata o Curro; e o 10 de xaneiro pecharán as celebracións coa Festa de fin de Nadal no Centro de Surribos de Abelleira, ás 17.00 horas.
- Un restaurante compostelano se cuela entre los favoritos de los españoles para comer en 2025
- Susto en la urbanización teense de Augas Mansas por un vecino atrincherado en casa
- Un vuelo de Ryanair entre Valencia y Santiago acaba desviado a Madrid por el mal tiempo
- El lobo mata tres perros en el rural de Santiago: 'La gente no quiere salir al monte
- Buscan «parejas reales» en Santiago para participar en lo que parece la nueva serie de época de Vaca Films
- Comer 'por menos de 6 euros': tres restaurantes de Santiago que adoran los estudiantes
- Luto en la TVG y la Radio Galega por la muerte de la periodista Mabel Montes
- Drones y puertas marcadas en Ames: ¿‘modus operandi’ de la Banda del Volvo?