Os noieses gozan por primeira vez dun Mercado de Nadal
Habilitado na praza do Tapal e na alameda, conta con postos de comida e artesanía

A zona das casetas do Mercado de Nadal de Noia é un fervedoiro de xente nestas datas festivas. | CEDIDA
Neste decembro respírase un espírito máxico especial nas rúas noiesas. Os veciños pasean entre luces e música, os nenos sorrín e as prazas rebosan alegría e color. O Nadal xa está aquí e no Concello queren que este ano a festa sexa inesquecible. Para conseguilo, a súa programación de actividades está marcada pola innovación, incluíndo un conxunto de variadas propostas para colocar Noia como un referente comarcal neste período festeiro.
A gran novidade é o Mercado de Nadal, un espazo situado na praza do Tapal dotado con casetas e postos de artesanía decorados para a ocasión nos que os visitantes poderán adquirir os adornos que máis lles impresionen ata mañá martes. En paralelo, no mesmo Tapal, así como no casco histórico e na alameda, gozouse dunha serie de actuacións e espectáculos. Algúns dos máis destacados na axenda son o concerto de Leite con Jalletas, hoxe ás 20.30 horas no Palco da Música; ou a función de Nadal da Banda de Música de Noia o 28 de decembro, ás 20.30 horas no Coliseo Noela.
Por outra banda, outro dos atractivos que levan ás persoas a achegarse ás inmediacións da alameda noiesa, son os múltiples postos e casetas gastronómicas que fixeron as delicias dos festeiros para gozar dun rico antollo mentres escoitan unha boa música. Cabe destacar tamén o tradicional Sorteo do Décimo na rúa do Curro, onde os veciños o 26 de decembro poderán darlle unha segunda vida aos seus boletos non premiados na lotería de Nadal para optar a gañar ata 800, 500 ou 300 euros.

Nadal en Barbanza e Costa da Morte 2025
Nadal en Barbanza e Costa da Morte 2025Festa de Pre Fin de Ano
O Pre Fin de ano, de novo na alameda ás 12.00 horas no último día do 2025, é outro dos grandes acontecementos introducidos nesta programación, no que o cómico Oswaldo Digón sacará as gargalladas dos presentes.
Xa o día 1 de xaneiro, a partir da 01.30, haberá festa na carpa climatizada habilitada na Rúa do Curro a cargo da discoteca móbil Chocolate.
«É unha ledicia ver aos nenos e nenas celebrando o Nadal aquí. Pensamos que Noia tiña que ter un Nadal á súa altura», destaca o alcalde, Francisco Pérez Caamaño.
- Vientos huracanados, lluvias persistentes y descenso de la cota de nieve: el temporal sacude a Galicia esta semana
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- No es spam: todo lo que debes saber del mensaje masivo del Sergas y el virus respiratorio sincitial
- Galicia protege a la última pareja que cría en la península de un singular pájaro
- Santiago contará con dous novos radares: un estable no Restollal e un novo no túnel do Hórreo
- Santiago se rendirá a la magia de 'Reinventio' el 17 de enero: así puedes conseguir invitaciones
- Lavacolla se pone en obras: cuenta atrás para el cierre total del aeropuerto de Santiago