A Pobra recibirá 2026 con badaladas, cotillón e sesión discoteca
A cantareira Mariló Ríos animará as prebadaladas e Festicultores Troupe levará a música polas rúas da vila

Patricia Lojo e Eloy Sobrido. / Cedida
A Pobra despedirá o ano e daralle a benvida a 2026 por todo o alto. As Concellerías de Cultura e Mocidade volverán sumar esforzos para ofrecer un programa completo de actividades no que haberá badaladas, animación, discoteca móbil e cotillón.
A edil de Cultura, Patricia Lojo, e o edil de Mocidade, Eloy Sobrido, presentaron unha programación coa que se busca "que os veciños e veciñas conten cunha oferta de lecer para despedir o ano na Pobra, sen necesidade de ter que desprazarse".
O programa arrincará o mércores, 31 de decembro, ás 11.30 horas diante da casa consistorial. Nese momento, levarase a cabo a entrega de uvas e cotillón ao público asistente e, ás 11.45 horas, terán lugar as prebadaladas a cargo de Mariló Ríos, da Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Caramiñas.
Ademais de formar parte da entidade, esta veciña da Pobra é cantareira e ten unha gran destreza en disciplinas artísticas como o baile, o teatro e a poesía. Ás 12.00 horas terán lugar as badaladas e, ás 12.15 horas, haberá unha animación polas rúas do municipio a cargo de Festicultores Troupe.
A cita non concluirá aí, senón que se reanudará ás 01.00 horas do xoves, 1 de xaneiro, na Praza Alcalde Segundo Durán, cunha festa de fin de ano con discoteca móbil e cotillón.
Os concelleiros sinalan que a Festa de Aninovo "é xa unha actividade consolidada na programación anual", polo que confían cifras de asistencia similares ás das edicións anteriores.
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- La nieve y el frío intenso regresan a Galicia: una masa de aire polar llega para desplomar las temperaturas
- Tormentas, granizo, nieve y vientos de intensidad huracanada: lo peor del temporal llega a Galicia
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- Oleada de robos: 'Queda la luz encendida para que parezca que hay gente en casa
- Nueva jornada de huelga de buses urbanos: Santiago, sin servicios mínimos