Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Ao longo desta semana e a seguinte impulsan obradoiros infantís de creación de adornos

Porto do Son celebra un Nadal repleto de luz, maxia e ilusión

Ao longo desta semana e a seguinte impulsan obradoiros infantís de creación de adornos

No centro, o alcalde Luis Oujo no encendido do alumeado do ano pasado. | CEDIDA

No centro, o alcalde Luis Oujo no encendido do alumeado do ano pasado. | CEDIDA

Tal e como expón o lema da programación destas festas, Porto do Son planea un Nadal «repleto de luz, maxia e ilusión». Tralo remate das sesións deportivas celebradas o pasado sábado e domingo, coa celebración das carreiras SinSon Escolares e 10K, os máis pequenos continuarán sendo os protagonistas coa celebración de obradoiros infantís nas casas da Cultura de Xuño, Portosín e Porto do Son.

Nestes encontros, que terán lugar hoxe e mañán, así como os días 26, 29 e 30 de decembro, e 2 de xaneiro, en horario de 17:00 a 19:00 horas, a rapazada creará adornos de Nadal de forma personalizada.

Asemade, o día de mañá cobrará unha importancia especial, xa que Papá Noel viaxará dende o Polo Norte ata as parroquias sonenses para facer felices aos máis pequenos e escoitar os seus desexos. Ao longo do día parará nas casa culturais de San Pedro, Xuño, Caamaño e Queiruga, no Bar 85 de Baroña, fronte á Fonte de Cabanela en Noal, no local da Comunidade de Montes en Nebra, na praza do Curro en Portosín, na Igrexa en Miñortos e na estacada da fachada marítima de Porto do Son.

Nadal en Barbanza e Costa da Morte 2025

Nadal en Barbanza e Costa da Morte 2025

Nadal en Barbanza e Costa da Morte 2025

A maxia dos tardeos

E os días 24 e 31 de decembro, toda a veciñanza poderá gozar e bailar a ritmo da música dos tardeos en Porto do Son. As actuacións terán lugar polas rúas e bares da vila. O mércores amenizarán a xornada Trécola, Os Liantes, Os Charangos e DJ Geno.

Para despedir o ano por todo o alto, o 31 de decembro sacarán a bailar aos veciños os Arume, Tanto Nos Ten e outra vez Os Charangos. E por último, soarán as mezclas do DJ Kike Varela, artista galego do momento e autor de versións da Muiñeira de Chantada, Meigallo o Micaela. O compostelán formou parte dalgúns dos mellores festivais de música do ano e fixo bailar a moitos festeiros este verán.

Tracking Pixel Contents