Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Rianxo daralle continuidade ás axudas para crear novas empresas e comercios

O Concello apoia as iniciativas que lle dan unha nova vida a baixos comerciais pechados

Julián Bustelo, esquerda, con Ariel, no seu salón de peiteado.

Julián Bustelo, esquerda, con Ariel, no seu salón de peiteado. / Cedida

Rianxo

O Concello de Rianxo puxo en marcha este ano unha liña de axudas municipais para apoiar a creación de novas empresas e de novos comercios no municipio.

O alcalde, Julián Bustelo, visitou esta semana a Rosana (propietaria dunha tenda de roupa) e a Ariel (que puxo en marcha un salón de peiteado), dous dos beneficiarios desta liña de axudas, nos seus respectivos negocios.

«Nestes últimos meses eles botaron a andar os seus proxectos e déronlle unha nova vida a baixos comerciais que estaban pechados na nosa vila», sinala ao respecto o rexedor.

«Seguiremos traballando para que o noso pequeno comercio local recupere a forza que tivo con anterioridade e no ano 2026 darémoslle continuidade a estas subvencións», engadiu ao respecto o mandatario local.

Por outra banda, Julián Bustelo asinou esta semana un convenio de colaboración coa Asociación Rianxeira Empresarios. A través dunha achega de 5.000 euros, a administración local continuará apoiando a entidade empresarial «para que poida seguir impulsando a actividade económica de Rianxo, reforzando o tecido industrial e comercial e creando oportunidades de emprego para a veciñanza».

Tracking Pixel Contents