A Policía Nacional identifica nove persoas e tramita trece denuncias por furtivismo en Boiro
A actuación saldouse ademais co comiso de 31 quilos de ameixa e berberecho e diverso material

Imaxe do marisco comisado en Boiro. / Cedida
A Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia, en colaboración coa Confraría de Pescadores de Cabo de Cruz (Boiro) comisou 31,40 quilos de ameixa e berberecho e diverso material para o furtivismo no marco dun operativo conxunto levado a cabo pasado 18 de decembro nas praias boirenses.
Como resultado da actuación, os axentes identificaron nove persoas, inspeccionaron un vehículo e tramitaron 13 actas de sanción, oito delas por infracción da Lei de Pesca de Galicia e as cinco restantes por infracción da Lei Orgánica 4/2015. Ademais, todo o marisco incautado foi resementado no mesmo lugar no que fora atopado.
Este operativo enmárcanse no reforzo realizado pola UPA, en colaboración coa Consellería do Mar e coas confrarías de pescadores, no eido da loita contra o furtivismo e na protección dos recursos mariños afectados.
O traballo céntrase en dispositivos dirixidos a impedir a actuación dos furtivos, tanto na actividade extractiva como na venda, transporte e distribución do produto sen as debidas garantías sanitarias.
- Chisco Lema, veterinario experto en lobo: 'Hay manadas especializadas en cazar perros
- Apagón en Santiago: una avería deja sin luz a 2.700 vecinos de Santiago
- Accidente múltiple en la AP-9 a la altura de San Lázaro: uno de los heridos, hospitalizado en la UCI
- Batería de accidentes con heridos por el granizo: tres en la autovía de Brión y dos en Padrón
- Un vuelo de Ryanair entre Valencia y Santiago acaba desviado a Madrid por el mal tiempo
- Otra huelga de buses sin servicios mínimos: 'Se pasa a indefinida haberá días que haxa nenos que non poidan ir a clase”
- Evitas el estrés del aparcamiento': el proyecto de dos vecinos de Milladoiro para compartir coche en los trayectos a Santiago
- Borrasca 'Ingrid': ¿Nevará en Santiago de Compostela este viernes?