INFRAESTRUTURAS
Boiro mellora a rede viaria de seis núcleos rurais
O investimento supera os 153.000 euros

Obras de mellora do pavimento en Boiro de Arriba. / Cedida
O Concello boirense iniciou os traballos de mellora dun vial en Boiro de Arriba. Trátase dunha actuación incluída no proxecto de renovación de pavimentos en núcleos rurais entre os que tamén se inclúen viais na Armada, Aspra, Cubeliños, Pazos de Coroño e Saltiño.
O total das actuacións ascende aos 153.206 € para o arranxo do firme nos distintos núcleos. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron o lugar das obras para coñecer a execución das mesmas.
Trátase de tramos de camiños públicos municipais que presentan un avanzado estado de deterioro agravado durante a época de choivas, polo que é necesaria a mellora do firme para garantir o acceso dos veciños ás súas vivendas. As actuacións contan co financiamento da Deputación da Coruña a través do Plan Único Concellos (POS+)
- La nieve y el frío intenso regresan a Galicia: una masa de aire polar llega para desplomar las temperaturas
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- Cierra A Gata Tola, mítica librería de cómic en Santiago
- Un nuevo robo de oro en Trazo amplía la ola de asaltos de la Banda del Volvo
- Tormentas, granizo, nieve y vientos de intensidad huracanada: lo peor del temporal llega a Galicia