POLÍTICA MUNICIPAL
O BNG de Outes critica o recorte en obras para «pagar desfases»
Di queo goberno "sacou ás presas un orzamento para facer a foto"

Casa consistorial de Outes. / Cedida
O BNG de Outes acusa ao actual goberno local, que lidera o PP, de recortar en obras e mantemento para «pagar desfases noutras áreas como festas e deportes». Aseguran que «os que dixeron na moción de censura que viñan a sacar dunha suposta cova á brigada de obras, recortaron, no último pleno, as partidas de obras para pagar os desfases en arrendamentos de festas (carpas, maquinaria...) e deportes».
Os nacionalistas lembran que o PP «acusou ao goberno anterior de falta de previsión» e agora modifican o orzamento «por desfasarse, pouco máis de medio ano despois de aprobalo».
Subliñan ademais que manteñen unha previsión de incremento de ingresos «que non é realista e non vén respaldada por informes específicos, como no caso do ICIO, no que falta un informe da área de Urbanismo, tal e como destaca Intervención».
Sinalan tamén que o goberno «sacou ás présas un orzamento sen a documentación necesaria, para sacar a foto, pero a última modificación de crédito que fixo o goberno encabezado por Francisco Calo certifica que estamos diante duns novos orzamentos que son fume e que non garanten melloras nas políticas públicas do Concello de Outes».
- La nieve y el frío intenso regresan a Galicia: una masa de aire polar llega para desplomar las temperaturas
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- Cierra A Gata Tola, mítica librería de cómic en Santiago
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- Un nuevo robo de oro en Trazo amplía la ola de asaltos de la Banda del Volvo
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- López Couso lanza su candidatura a rectora: «Queremos unha USC que coide das persoas que a fan posible día a día»