Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

BALANCE

Boiro pecha o ano con 6,7 M€ licitados en obras e servizos subvencionados

O maior investimento corresponde á rehabilitación da Casa da Cultura

Recreación virtual da fachada da Casa da Cultura.

Recreación virtual da fachada da Casa da Cultura. / Cedida

Boiro

O Concello de Boiro pecha o ano cun importe licitado en obras e actuacións subvencionadas de 6.743.259 euros. Entre os contratos máis destacados están a rehabilitación da Casa da Cultura, a instalación de fotovoltaicas en inmobles municipais e pavimentacións en diversos puntos do municipio.

Algunhas das actuacións están xa finalizadas e outras atópanse en fase de execución. O maior investimento deste ano é a rehabilitación integral da Casa da Cultura, unha actuación que ascende aos 3.854.895 euros e que conta co financiamento do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible e o Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana mediante o PIREP Local. Vaise acondicionar o edificio para dar resposta ás necesidades actuais, dotándoo de accesibilidade universal e eficiencia enerxética.

Instalacións fotovoltaicas

Entre as actuacións realizadas atópanse as instalacións de fotovoltaicas na sede de Protección Civil, na zona deportiva da Cachada e no pavillón de Praia Xardín. Foron financiadas polo INEGA e ascenden a 242.590 euros. Tamén se adxudicou a adquisición de dous vehículos, un multiservicio e un camión de bioresiduos; e a rehabilitación dunha vivenda para destinar a emerxencia social.

En canto a pavimentados licitáronse actuacións en Moimenta, Mañóns, no polígono industrial de Espiñeira, no Boiro de Arriba, a Aspra, Cubeliños, Xian, Runs, San Mauro e no Esteiro. Tamén se licitaron actuacións no parque de Cimadevila, o lavadoiro de Comoxo e as beirarrúas da Avenida da Constitución.

"Isto é o resultado dun gran traballo dende diversos departamentos municipais para a captación de fondos doutras administacións que nos permiten levar a cabo obras ou adquisicións que non serían posibles unicamente con fondos propios", afirmou o alcalde, José Ramón Romero.

TEMAS

Tracking Pixel Contents