CONCURSO
Chutin's Garage e La Tapadera, os máis fermosos do Nadal na Pobra
Na primeira edición concorreron 22 establecementos

A concelleira Amparo Cerecedo entregando o premio a Chutin's Garage. / Cedida
O Concello da Pobra do Caramiñal entregou os galardóns do primeiro Concurso de Embelecemento de Locais Comerciais e Hostaleiros, nun acto presidido pola concelleira de Promoción Económica, Amparo Cerecedo.

Entrega do premio aos xerentes de La Tapadera. / Cedida
A empresa de coidado e estética de vehículos, Chutin’s Garage, e o bar de tapas, La Tapadera, conseguiron as primeiras posicións nas seccións de comercio e hostalaría, respectivamente. A relación de galardoados completouse coa zapatería Mandarina e coa Taberna Os Cuñados, que lograron o segundo posto nas dúas categorías do certame.

Amparo Cerecedo entregando o premio a Mandarina. / Cedida
A concelleira de Promoción Económica felicitou aos premiados, e subliñou a cifra de negocios participantes e, especialmente, o alto nivel das decoracións». En total, foron 22 establecementos os que concorreron ao concurso, «cuxo esforzo e creatividade dificultou a decisión do xurado», sinalou.

Entrega do galardón á Taberna Os Cuñados. / Cedida
Ante a alta participación acadada, a concelleira sinalou que estudarán aumentar o número de premios de cara ás vindeiras convocatorias.
Á hora de decidir os gañadores tivéronse en conta aspectos como a creatividade e orixinalidade, a estética e harmonía do conxunto, a iluminación e ambientación do Nadal, a integración ca contorna urbana e a contribución ao embelecemento xeral da vila.
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- Tormentas, granizo, nieve y vientos de intensidad huracanada: lo peor del temporal llega a Galicia
- Nueva jornada de huelga de buses urbanos: Santiago, sin servicios mínimos
- David Uclés, premio San Clemente: 'Estoy muy unido a Santiago y a sus bibliotecas
- Santiago afronta este viernes una nueva jornada de huelga de buses
- Licitan por 12,8 millones el mantenimiento de las instalaciones hospitalarias en Santiago
- Reurbanización de Santiago de Chile: o proxecto piloto para mudar o Ensanche
- La macrofiesta más esperada del carnaval gallego está en área y ya tiene fechas: 'Un viaje musical apoteósico