Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

SERVIZOS

O PP ratifica o compromiso da Xunta coa mellora da estación depuradora de Noia

"Agora falta por saber que van facer os responsables locais", afirman os populares

Deputadas e edís do PP durante a visita á estación depuradora de Noia.

Deputadas e edís do PP durante a visita á estación depuradora de Noia. / Cedida

Noia

Os deputados do PP Magdalena Pérez e Ángel Rodríguez, acompañados do portavoz do PP noiés, Santiago Freire, amosaron o «firme compromiso do Goberno galego» coa mellora da estación depuradora de Noia, que se manifesta nos máis de 1,6 M€ que o vindeiro ano destinará para actuacións estruturais e tecnolóxicas nestas instalacións.

«Agora falta por saber que van facer os responsables locais: se volver aos postulados do ano 2010, opoñéndose aos proxectos da Xunta; ou sumarse ao Goberno galego na mellora do saneamento e, en definitiva, da nosa ría», manifestaron.

Plan director

Lembraron que o Plan Director de Saneamento de Noia, redactado por Augas de Galicia entre 2020 e 2022, identificou as deficiencias máis relevantes desta rede, das estacións de bombeo e da propia EDAR, propoñendo actuacións a curto, medio e longo prazo para garantir a correcta depuración.

Neste momento está en execución a mellora da EDAR, un proxecto ao que a Xunta destina case 3 M€, xestionados polo anterior goberno municipal de Santiago Freire, dos que máis de 1,6 millóns de euros figuran no orzamentos de 2026, «co obxectivo de que estas instalacións garantan o cumprimento dos parámetros de vertedura e permitan mellorar a calidade ambiental da ría», subliñan.

Tracking Pixel Contents