Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

SANIDADE

Licitan o proxecto do hospital de día de oncohematoloxía de Barbanza

A previsión é atender entre 320 e 640 novos casos

Hospital do Barbanza, en Ribeira.

Hospital do Barbanza, en Ribeira. / Sergas

Ribeira

A Consellería de Sanidade licita, por 109.807 euros, a redacción do proxecto básico e de execución e dirección de obra para a construción do Hospital de día Oncohematolóxico de Barbanza, en Ribeira. As empresas interesadas teñen de prazo ata o 19 de xaneiro para presentar as súas ofertas. A previsión é atender entre 320 e 640 novos casos ao ano, tendo en conta a taxa de incidencia do cancro e que a poboación deste distrito é de 64.000 habitantes.

A creación deste hospital «optimiza os recursos sanitarios e aproxima servizos de calidade e complexos á contorna da cidadanía, mellorando a calidade de vida dos pacientes e os seus familiares», subliñan. Ademais, posibilitará o acceso a tratamentos especializados para enfermidades oncolóxicas e hematolóxicas como quimioterapia e transfusións, sen necesidade de desprazamento nin de hospitalización prolongada.

Tratamentos, consultas e seguimento

Acondicionaranse áreas específicas para a administración de tratamentos, consultas médicas e seguimento. En concreto, 12 cadeiras e 2 camas para tratamentos simultáneos nas salas de tratamentos, 2 consultorios médicos, unha área de urxencias, espazos de espera para pacientes e familiares e una sala de elaboración de fármacos para os tratamentos e unha área para probas de laboratorio e diagnóstico por imaxe.

En total, resérvanse 450 metros cadrados situados entre a cafetería do Hospital Público de Barbanza e o servizo de Rehabilitación.

A Xunta cumpre deste xeito co seu compromiso de licitar a redacción do proxecto antes de finalizar o ano co obxectivo de que o hospital de día oncohematolóxico comece a coller forma en 2026.

Tracking Pixel Contents