CAMPAÑA
Lousame premia a colaboración cidadá para fomentar "o bo trato"
A iniciativa enmarcouse nos actos municipais do 25N

Esteban Ares e Silvia Agrafojo entregando o premio a Isabel González. / Cedida
O alcalde de Lousame, Esteban Ares García, e a concelleira de Igualdade, Silvia Agrafojo, entregaron a Isabel González o premio da campaña de sensibilización Abrígate baixo o paraugas do bo trato, organizada polo Concello de Lousame co gallo da conmemoración do 25N e financiada con cargo ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e o Ministerio de Igualdade.
Isabel González foi a agraciada no sorteo realizado o 12 de decembro, polo que levará unha cea para catro persoas nun restaurante de Lousame. Para conseguilo, González compartiu nas súa redes sociais unha fotografía súa cun paraugas baixo o cancelo #abrigatenobotrato, de acordo ao indicado nas bases da campaña, desenvolta entre o 25 de novembro e o 7 de decembro nas redes sociais.
Un sorteo no que tamén foron agraciadas outras dúas veciñas, Rosana Nieto Figueira e Mery Escarlata, que levaron cadanseu vale de 50 euros para gastar nunha ferretería local. Así mesmo, o Grupo I dos Obradoiros da Memoria do Sanguiñal (Tállara) e o alumnado de Infantil do CPI Cernadas de Castro recibirán cadanseu vale de 50 euros para gastar en farmacias lousamiás.
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- La nieve y el frío intenso regresan a Galicia: una masa de aire polar llega para desplomar las temperaturas
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- Tormentas, granizo, nieve y vientos de intensidad huracanada: lo peor del temporal llega a Galicia
- Oleada de robos: 'Queda la luz encendida para que parezca que hay gente en casa
- Nuevo corte de tráfico en Santiago: una céntrica calle del Ensanche estará cerrada este sábado