Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

FIN DE ANO

Ribeira recibirá 2026 cunha festa en Bandourrío

Será un encontro interxeracional e repartirase cotillón

Ana Barreiro, esquerda, Fernando Abraldes e Carmen Pérez presentando a festa.

Ana Barreiro, esquerda, Fernando Abraldes e Carmen Pérez presentando a festa. / Cedida

Ribeira

Tralas doce badaladas do 31 de decembro, o Concello de Ribeira convida á cidadanía a festexar de maneira conxunta o Ano Novo nunha festa na carpa situada na praza de Pontevedra, en Bandourrío. Estará amenizada por Planet Discomóbil «con xéneros musicais para tódolos gustos», segundo a concelleira de Cultura, Ana Barreiro. Ademais, repartirase cotillón entre os asistentes.

O edil de Festexos, Fernando Abraldes, asegura que se «trata dunha cita tradicional no noso municipio que permite a tódolos veciños e veciñas dar a benvida ao novo ano en conxunto, ao tempo que contribuímos a dinamizar o ocio nocturno. Sempre é unha alegría ver a diferentes xeracións de ribeirenses celebrando xuntas a entrada a un novo ano, bailando, cantando, deixando atrás o que foi e coa esperanza do que deparan os vindeiros 365 días».

Pola súa banda, a concelleira de Xuventude, Carmen Pérez, sinala que a festa se organiza «para que a xuventude escolla Ribeira para despedir o ano. Seguiremos traballando para ser sempre punto de encontro»

TEMAS

Tracking Pixel Contents