COMERCIO
Noia e Boiro lideran con 3 M€ as vendas do programa MercaNaVila
A Deputación avanza que a campaña de 2026 será «máis ambiciosa»

Romero, segundo esquerda, e García, cuarta, no establecemento Cenor Otero de Boiro. / D. C.
Os comercios de Noia e Boiro encabezaron as vendas do programa MercaNaVila, impulsado pola Deputación da Coruña, superando os 3 M€, o que supón máis de dous terzos do total rexistrado na comarca do Barbanza.
Así o destacou a deputada de Emprego, Rosa Ana García, durante a súa visita aos establecementos Cenor Otero, de Boiro, e Dequip Deportes Hermida e Tucho, de Noia, acompañada polos alcaldes, José Ramón Romero e Francisco Pérez, para coñecer as impresións do sector e facer balance da campaña.
A responsable de Cenor Otero, Ramona Otero, destacou que «foi un éxito rotundo. Esperamos que sexa a primeira de moitas máis porque é unha iniciativa moi importante para que as vendas por internet e as grandes superficies non acaben co comercio de proximidade, que é fundamental para dinamizar os nosos pobos».
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- Nueva jornada de huelga de buses urbanos: Santiago, sin servicios mínimos
- Tormentas, granizo, nieve y vientos de intensidad huracanada: lo peor del temporal llega a Galicia
- El jardín de las 20.000 rosas que marcó la Navidad en Santiago: 'Superó todas nuestras expectativas
- David Uclés, premio San Clemente: 'Estoy muy unido a Santiago y a sus bibliotecas
- Un vehículo volcado y ardiendo deja tres heridos y obliga a cortar la AP-9 en dirección Santiago
- Santiago afronta este viernes una nueva jornada de huelga de buses
- La macrofiesta más esperada del carnaval gallego está en área y ya tiene fechas: 'Un viaje musical apoteósico