TURISMO
Ribeira licita o miradoiro de Punta do Castro e o arranxo do lavadoiro da Penisqueira
O orzamento ascende a 192.947 euros e a financiación procede de fondos europeos

Imaxe virtual do futuro miradoiro de Punta do Castro. / Cedida
O Concello de Ribeira remata o ano sacando a licitación varios proxectos por valor de 192.947,02 euros para avanzar no Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD) e revitalizar espazos de interese cultural, patrimonial e paisaxístico, situados todos eles ao longo do litoral.
En concreto, son a creación dun miradoiro-punto de interpretación da paisaxe en Punta do Castro e a restauración do lavadoiro da Penisqueira.

Lavadoiro de Penisqueira. / Concello de Ribeira
A alcaldesa, María Sampedro, remarca que «pisamos o acelerador na implantación do PSTD, pois é necesario para sacar adiante actuacións que están financiadas ao 100% por fondos europeos. Este é un exercicio de responsabilidade. Tamén é o noso deber aproveitar os recursos existentes que redunden nunha mellora da calidade de vida dos nosos veciños, ben sexa a nivel de servizos ou de infraestruturas».

Recreación virtual do futuro miradoiro de Punta do Castro. / Cedida
Considera ademais que «protexer e salientar estes lugares é tamén poñer en valor parte da nosa identidade», subliñou.
Non obstante, a rexedora engadiu que «non imos comprometer as arcas municipais e, polo tanto, o peto dos nosos veciños como sucedeu coa subvención de 1,6 millóns de euros, pois no seu momento o proxecto de apoio á actividade económica en zonas turísticas deixou un 40% do mesmo sen materializar e, polo tanto, perdéronse os fondos».
- La nieve y el frío intenso regresan a Galicia: una masa de aire polar llega para desplomar las temperaturas
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- Cierra A Gata Tola, mítica librería de cómic en Santiago
- Un nuevo robo de oro en Trazo amplía la ola de asaltos de la Banda del Volvo
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- López Couso lanza su candidatura a rectora: «Queremos unha USC que coide das persoas que a fan posible día a día»
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%