SERVIZOS
Sogama xestionará a partir do día 1 o lixo da Mancomunidade de Barbanza
O acordo inclúe 9 concellos nos que viven máis de 87.000 habitantes

Javier Domínguez, esquerda, Ángeles Vázquez e Pablo Lago asinaron o acordo. / X. G.
A Mancomunidade Serra do Barbanza incorporarase o 1 de xaneiro ao modelo da Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama), logo do acordo rubricado este martes pola conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, o presidente de Sogama, Javier Domínguez, e o seu homólogo do ente mancomunado, Pablo Lago.
Así, a partir deste xoves, os residuos recollidos por Serra do Barbanza —que actualmente se encarga do lixo doméstico de nove concellos (Ames, Brión, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Pontecesures, Porto do Son e Rois) nos que viven 87.097 habitantes— serán xestionados por Sogama. O acordo terá unha vixencia inicial de cinco anos, prorrogables.
A mancomunidade poderá utilizar as instalacións de Sogama para entregar e tratar os seus refugallos, entre elas as plantas de transferencia de Santiago, Boiro ou Cee. En todo caso, Serra do Barbanza terá que adaptar antes o seu sistema de contenerización e recollida á normativa europea para poder depositar de forma separada diferentes fraccións de lixo.
Sogama comprométese a colaborar nas campañas de información, formación e concienciación que o Barbanza deberá levar a cabo para instruír á veciñanza na correcta separación de residuos en orixe.
Mellor servizo á cidadanía
Ángeles Vázquez destacou a transcendencia do acordo xa que o seu fin último é «dar o mellor servizo á cidadanía» e axudar a resolver unha situación que a entidade supramunicipal «arrastraba desde facía anos». Subliñou ademais o esforzo da Xunta por impulsar melloras continuas na planta de Cerceda.
En concreto, referiuse ás obras de ampliación efectuadas en 2019, cun investimento de 31 M€ e que permitiron ampliar a súa capacidade de tratamento nun 81%, pasando de 550.000 a 1 millón de toneladas anuais de lixo.
Este esforzo, tal e como puxo en valor a conselleira, «converteu a Sogama a día de hoxe nunha das plantas máis sostibles e eficientes de toda España».
Lembrou que actualmente as instalacións de Cerceda xestionan 800.000 toneladas de residuos anuais e dan servizo a 295 concellos que suman 2,24 millóns de habitantes (o 83% da poboación galega).
Salientou que, en caso de adherirse os nove concellos do modelo Barbanza, pasaría a recoller 32.000 toneladas adicionais e daría servizo ao 97% das entidades locais de toda Galicia e a máis de 2,3 millóns de persoas.
- Chisco Lema, veterinario experto en lobo: 'Hay manadas especializadas en cazar perros
- Apagón en Santiago: una avería deja sin luz a 2.700 vecinos de Santiago
- Accidente múltiple en la AP-9 a la altura de San Lázaro: uno de los heridos, hospitalizado en la UCI
- Batería de accidentes con heridos por el granizo: tres en la autovía de Brión y dos en Padrón
- Un vuelo de Ryanair entre Valencia y Santiago acaba desviado a Madrid por el mal tiempo
- Otra huelga de buses sin servicios mínimos: 'Se pasa a indefinida haberá días que haxa nenos que non poidan ir a clase”
- Evitas el estrés del aparcamiento': el proyecto de dos vecinos de Milladoiro para compartir coche en los trayectos a Santiago
- Borrasca 'Ingrid': ¿Nevará en Santiago de Compostela este viernes?