A Xunta licita reformas en tres colexios de Boiro, Porto do Son e Camariñas
Os traballos acometeranse no colexio camariñán O Areal e no boirense Praia Xardín e no IES sonense

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, segundo pola dereita, este venres supervisando obras no IES Aquis Celenis de Caldas de Reis. / Cedida
A Consellería de Educación vén de licitar a obra de rehabilitación integral do Colexio O Areal, en Camariñas. A intervención, que conta cun orzamento de 1,1 millóns.
Para isto, o programa de actuación inclúe o cambio da cuberta por unha nova de panel tipo sándwich con illamento térmico; o cambio de 87 fiestras exteriores e 69 portas; a intalación de novas luminarias no exterior do colexio; e o acondicionamento acústico interior do patio cuberto. No interior instalarase nova iluminación (337 luminarias) e falsos teitos e realizaranse tarefas de pintado.
A intervención inclúe tamén a mellora da accesibilidade.
Asimesmo, a Xunta licitou por 1,1 millóns a rehabilitación integral do Colexio Plurilingüe Praia Xardín, de Boiro, e licitará o luns a do peche lateral da pista cuberta do IES de Porto do Son.
No centro boirense mellorarase a eficiencia enerxética cunha nova cuberta de panel sándwich, e novos canlóns e baixantes. Tamén se aplicará sistema de illamento térmico no exterior, instalaranse novas luminarias led e renovarase a carpintería exterior. No interior instalaranse falsos teitos e novas portas.
No centro sonense o investimento será de 280.000 €, e arranxaranse os muros derrubados polos temporais. Farase un peche dunha altura de 3,75 metros e colocarase unha nova cuberta nos vestiarios.
- Chisco Lema, veterinario experto en lobo: 'Hay manadas especializadas en cazar perros
- Apagón en Santiago: una avería deja sin luz a 2.700 vecinos de Santiago
- Accidente múltiple en la AP-9 a la altura de San Lázaro: uno de los heridos, hospitalizado en la UCI
- Batería de accidentes con heridos por el granizo: tres en la autovía de Brión y dos en Padrón
- Un vuelo de Ryanair entre Valencia y Santiago acaba desviado a Madrid por el mal tiempo
- Otra huelga de buses sin servicios mínimos: 'Se pasa a indefinida haberá días que haxa nenos que non poidan ir a clase”
- Evitas el estrés del aparcamiento': el proyecto de dos vecinos de Milladoiro para compartir coche en los trayectos a Santiago
- Borrasca 'Ingrid': ¿Nevará en Santiago de Compostela este viernes?