Paula Prado brinda polo "primeiro capítulo de éxitos" de María Sampedro á fronte da Alcaldía de Ribeira
A secretaria xeral do Partido Popular de Galicia participou no brinde de Aninovo da formación na capital do Barbanza

Paula Prado, centro, flanqueada pola alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e o senador Manuel Ruiz. / Cedida
A secretaria xeral do Partido Popular de Galicia, Paula Prado, asegura que o cambio experimentado en Ribeira en 2025 "é tan só o primeiro capítulo do extenso libro de éxitos que María Sampedro comezou a escribir man a man cos seus veciños e veciñas e que terá a súa continuación neste 2026".
Así o manifestou, acompañada polo secretario xeral do PP da provincia da Coruña, Evaristo Ben, e da propia alcaldesa no brinde de Aninovo organizado polo PP de Ribeira. Un evento no que animou a todos os afiliados do partido a nivel local "a seguir traballando e sumando esforzos para consolidar o cambio iniciado e acadar os mellores éxitos nas próximas eleccións municipais de 2027".
María Sampedro, pola súa banda, apelou tamén "á unión, o traballo e o esforzo para acadar todos os obxectivos neste 2026 no que Ribeira seguirá a dar pasos para acadar ser referente económico, social e cultural do Barbanza".
Tamén agradeceu "a axuda, o compromiso e a man tendida que sempre tiven no partido en todos os seus ámbitos". "Demostramos que traballando xuntos, apartados das liortas e da confrontación, contamos coa mellor receita para achegarnos e conseguir os desexos de todos ribeirenses", engadiu.
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- La nieve y el frío intenso regresan a Galicia: una masa de aire polar llega para desplomar las temperaturas
- Tormentas, granizo, nieve y vientos de intensidad huracanada: lo peor del temporal llega a Galicia
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- Oleada de robos: 'Queda la luz encendida para que parezca que hay gente en casa
- Nueva jornada de huelga de buses urbanos: Santiago, sin servicios mínimos